Nota de prensa
MEMBROS DA ASOCIACIÓN VECIÑAL “A MADANELA” DE REMOURELLE, EN RIBADEO, SON FORMADOS POR SOGAMA NA PRÁCTICA DA COMPOSTAXE DOMÉSTICA
En breve, 20 composteiros cedidos por esta entidade pública serán colocados noutras tantas vivendas do pobo co fin de que a materia orgánica producida nas mesmas poida ser convertida en compost, un abono natural con alto poder fertilizante que os usuarios poderán utilizar nos seus xardíns, hortas e terras de cultivo.
Persoal da asociación exercerá as funcións de mestres composteiros e realizarán visitas “porta a porta” co obxectivo de supervisar a técnica e resolver posibles dúbidas que poidan presentar as familias.
Esta tarefa complementarase coa dotación de diverso material didáctico e divulgativo a través do cal a veciñanza disporá de información adicional coa que se pretende garantir o éxito do proxecto.
Ribadeo, a 6 de febreiro de 2012- Con motivo da implantación dun programa de compostaxe doméstica en 20 vivendas do lugar de Remourelle, en Ribadeo (Lugo), os membros da asociación veciñal “A Madanela” recibiron, a cargo de Sogama, un curso intensivo de formación a través do cal explicóuselles con detalle o proceso de fabricación de compost a partir dos residuos orgánicos xerados nos seus fogares, obtendo un abono de alta calidade que poderán utilizar nos seus propios xardíns, hortas e terras de cultivo.
Desta forma, a asociación pretende aportar o seu gran de area na menor produción de refugallos, pechando o ciclo de recuperación e reciclaxe da materia orgánica en orixe, o que evitará o seu depósito nos contedores convencionais, alcanzando importantes beneficios ambientais e económicos.
Sogama será a encargada de proporcionar os composteiros ás familias participantes neste proxecto, uns recipientes de 360 litros de capacidade, fabricados con materiais reciclados e reciclables, nos que o vecindario deberá ir introducindo os restos de alimentos e outros elementos orgánicos producidos, vixiando periódicamente as axeitadas condicións de osíxeno, humidade e temperatura.
Neste sentido, e coa pretensión de garantir o éxito do proxecto, varias persoas do colectivo asumirán as funcións de mestres composteiros, facendo un seguimento do mesmo. Para isto visitarán periódicamente cada casa a fin de avaliar a técnica aplicada, corrixir erros e solventar posibles dúbidas.
Esta tarefa de supervisión verase complementada coa distribución de manuais de apoio nos que se explica con detalle as características da iniciativa, materiais a depositar e non depositar no composteiro, solucións a posibles problemas, aplicacións do compost resultante e vantaxes do mesmo para o solo, dado o seu alto valor nutritivo e fertilizante.
Ademais de todo isto, o material didáctico co que se reforzará os coñecementos adquiridos polos usuarios inclúe información sobre a correcta separación de residuos en orixe e a importancia da colaboración cidadá de cara a garantir o posterior reciclado dos materiais introducidos pola cidadanía nos correspondentes contedores de recollida selectiva, posibilitando o aforro de enerxía e recursos naturais.
EXPERIENCIAS PREVIAS
Xa son varios os concellos da provincia que, no seu momento, decidiron sumarse ao programa de autocompostaxe promovido por Sogama. É o caso de Alfoz, Barreiros, Cervo, Trabada e Lourenzá, na Mariña, incorporando 200 fogares, e máis recentemente Portomarín e Sober, con 50 e 40 vivendas respectivamente.
Todos eles coinciden en sinalar que a experiencia non supón maior complicación para a poboación, tendo en conta que a separación de orgánicos no rural vén sendo unha práctica habitual, ben para elaboración de abono ou ben para alimento do gando.






















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



