Notas de prensa
A través da chamada solicitude única o produtor poderá pedir todas as súas axudas dunha soa vez
Emma Álvarez dá conta da apertura do prazo para a presentación de solicitudes de axudas directas á agricultura e á gandería 2012-2013
O prazo de presentación das socilitudes remata o 30 de abril
A Mariña, 8 de febreiro de 2011. A presidenta da comisión de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes do Parlamento de Galicia, Emma Álvarez, deu conta da apertura do prazo para a presentación de solicitudes de axudas directas a agricultores e gandeiros. O Ministerio de Agricultura destina para este fin un total aproximado de 5.049 millóns de euros.
Segundo explica Emma Álvarez, a través da chamada solicitude única o produtor poderá pedir todas as súas axudas dunha soa vez . Os interesados poderán pedir ata o 30 de abril as axudas directas da PAC financiadas con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía, FEAGA, correspondentes á campaña 2012-2013, que nesta ocasión ascenden a un total aproximado de 5.049 millóns de Euros.
As axudas directas que se poden solicitar recóllense no Real Decreto sobre a aplicación dos pagos directos, onde se describen os requisitos necesarios para poder optar a cada axuda e a información mínima que debe conter a solicitude única. As axudas que se poden solicitar en 2012 son as seguintes:
Réxime de pago único:
• Réximes específicos de axudas por superficie:
• Axuda específica ao cultivo do algodón.
• Axuda aos produtores de remolacha azucreira.
• Axuda nacional aos froitos de casca
Réximes de axuda por gando vacún:
• Curmá por vaca ama de cría e complementaria.
• Axudas específicas por aplicación do artigo 68 do Regulamento (CE) 73/2009.
• Programa nacional para o fomento de rotacións de cultivo en terras de secaño.
• Programa nacional para o fomento da calidade dos legumes.
• Programa nacional para o fomento de actividades agrícolas específicas que reporten maiores beneficios agroambientais en determinadas especies do sector dos froitos de casca.
• Programa para o fomento da calidade do tabaco
• Programa nacional para o fomento da calidade do algodón.
• Programa nacional para o fomento da calidade da remolacha azucreira.
• Axuda para a mellora da calidade da carne de vacún.
• Axuda para compensar desvantaxes específicas que afectan aos agricultores que manteñen vacas de cría.
• Axuda para a mellora da calidade das producións de ovino e caprino.
• Axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector ovino.
• Axudas para compensar as desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector caprino.
• Axudas para compensar desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector vacún de leite.
• Axuda para a mellora da calidade do leite e os produtos lácteos de vaca.
As principais novidades da campaña 2.012, tal como contémplase no citado Real Decreto, baséanse na incorporación no réxime de Pago Único das axudas percibidas nos sectores das proteaginosas, o arroz, os froitos de casca, as sementes, o sacrificio de bovinos e as forraxes desecados.
Para facilitar a cumplimentación da solicitude única e tendo en conta que se deben declarar, de acordo co Sistema de Información Xeográfica de Identificación de Parcelas Agrícolas (SIGPAC), todas as parcelas agrícolas da explotación, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente pon a información necesaria a disposición dos solicitantes mediante o acceso ao SIGPAC a través da súa páxina Web (www.marm.es), da Web do FEGA (www.fega.es) ou das Comunidades autónomas.




















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



