Nota de prensa
Máis de 300 persoas inician hoxe as probas de selección de persoal para o parque de bombeiros de Monforte
– Os aspirantes ás 19 prazas realizaron no Pazo de Feiras e Congresos as probas teóricas cuxos resultados se publicarán nos vindeiros días en www.salvamentolugo.org e www.natutecnia.com
– O proceso de selección continuará os vindeiros mércores e xoves coas probas físicas e rematará cos exames sobre o ámbito xeográfico, o galego e as probas psicolóxicas o 22 e 23 de febreiro
– Coa próxima incorporación do complexo monfortino ó Consorcio, serán 120 os empregos creados por Deputación de Lugo e Xunta para a cobertura contraincendios na provincia luguesa
Máis de 300 persoas iniciaron este xoves as probas de selección de persoal para o parque de bombeiros de Monforte de Lemos convocadas polo Consorcio Provincial ante a vindeira incorporación destas instalacións ó organismo integrado por Deputación de Lugo e Xunta de Galicia. Os aspirantes concentráronse no Pazo de Feiras e Congresos da capital luguesa onde realizaron os exames teóricos. Os seus resultados publicaránse nos vindeiros días na páxina web do Consorcio, www.salvamentolugo.org, así como na da empresa encargada da xestión indirecta dos complexos contraincendios da zona sur da provincia, www.natutecnia.com.
O proceso para cubrir as 19 prazas ofertadas para o parque da cidade do Cabe continuará coas probas físicas que tamén terán lugar os vindeiros mércores e xoves, 15 e 16 de febreiro, tamén na cidade luguesa, concretamente, no Pavillón Universitario, nas pistas de atletismo Gregorio Pérez e nas piscinas As Pedreiras. Os participantes deberán realizar, neste caso, as seguintes probas: gabeo por corda, press banca, carreira 100 metros lisos, salto de lonxitude, carreira 1.500 metros lisos e natación 50 metros. Os exames sobre o ámbito xeográfico de Lugo, o idioma galego e probas psicolóxicas os 22 e 23 de febreiro porán fin á selección de persoal.
Creación de emprego
Cos profesionais que resulten seleccionados, serán un total de 120 os novos postos de traballo creados polo Consorcio Provincial de Bombeiros para prestar cobertura contraincendios na provincia. É e que os parques da zona sur (Monforte, Sarria e Chantada) contan cada un con 19 efectivos, mentres que os da zona norte (Barreiros, Vilalba e Viveiro) teñen 21, respectivamente. Esta diferencia de profesionais débese ás melloras presentadas polas empresas adxudicatarias da xestión indirecta dos complexos.
O Consorcio garante, deste xeito, a cobertura contrainendios no 90% de Lugo as 24 horas dos 365 días ó ano. No norte lugués, as instalacións de Barreiros, Viveiro e Vilalba atenden 25 Concellos e no sur, as de Chantada, Sarria e Monforte prestan servizo noutros 25 municipios. De calquera xeito, as actuacións destes profesionais non se limita ós Concellos de cobertura prioritaria, senón que tamén teñen lugar fóra dos límites dos mesmos, tanto a nivel comarcal e provincial, como autonómico.
Integración ó Consorcio
A selección de persoal é o seguinte paso de cara á incorporación das instalacións monfortinas ó Consorcio. No Orzamento para 2012 do organismo contémplase a partida necesaria para esta integración que, ademais do reforzo do cadro de persoal, leva consigo a mellora e adaptación das dependencias e o equipamento co fin de que o parque teña as mesmas características cos outros 5 do Consorcio (Sarria, Chantada, Barreiros, Viveiro e Vilalba). Para elo, está previsto adquirir 1 camión bul e outro lixeiro, quedando 4 vehículos preparados para cubrir emerxencias ó igual que nas restantes instalacións contraincendios. Tamén se mercará todo o material interior necesario, é dicir, dende mobiliario ou material informático ata traxes de protección ou ferramentas. Este investimento nas instalacións monfortinas respostan ás necesidades detectadas polos técnicos na súa visita a este complexo.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



