Nota de prensa
PORTOS DE GALICIA ACOMETERÁ EN BREVE AS OBRAS DE REPARACIÓN E ACONDICIONAMENTO DA CARPINTERÍA EXTERIOR DA MONCLOA, O LOCAL DE REUNIÓN DOS XUBILADOS DO MAR EN BURELA. GONZÁLEZ BARCIA AGARDA QUE OS TRABALLOS COMECEN EN DÚAS OU TRES SEMANAS.
Burela, 9 de febreiro de 2012. Portos de Galicia acometerá en breve as obras de reparación e acondicionamento da carpintería exterior (portas e ventás) da Moncloa, o local de reunión dos xubilados do mar en Burela. O alcalde, José María González Barcia, agarda que os traballos comecen nunhas dúas ou tres semanas.
O rexedor contou que “en breve Portos de Galicia levará adiante as obras de reparación e acondicionamento da carpintería exterior da Moncloa, que é o local no que se reúnen os xubilados do mundo do mar en Burela”. González Barcia lembrou que “esta actuación foi solicitada no seu día polos propios xubilados, tendo en conta que a carpintería exterior deste local se estaba deteriorando, a obra se tramitou durante o ano pasado e hai un par de días o propio presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, deu autorización para que se leven adiante eses traballos”.
O alcalde confía que “dentro de dúas ou tres semanas poidan comezan esas obras e así se lle comunicou hoxe pola mañá ás persoas que usan ese local para reunirse e intercambiar as súas experiencias. Deste xeito Portos de Galicia, aínda dentro da situación que se está a vivir actualmente, intenta levar a cabo aquelas actuacións máis importantes para manter as instalacións portuarias en perfecto estado, incluso aquelas adicadas ao lecer e ao descanso, como é o caso da Moncloa”.
González Barcia e a concelleira de Mar, Patricia López Eijo, visitaron esta mañá a Moncloa e informaron aos xubilados do inicio das demandadas obras.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



