Nota de prensa
A XXI Festa do Ourizo de San Ciprián celebrarase o 10 de marzo
-A edil de Turismo reuniuse cos representantes dos hostaleiros e da confraría de pescadores para avanzar nos preparativos
-Unha cita gastronómica que foi declarada de Interese Turístico Galego no 2008
-En breve o Concello dará a coñecer todos os detalles desta festividade
Cervo, 11 de febreiro de 2012-O Concello de Cervo está inmerso na preparación da edición número 21 da Festa do Ourizo, que este ano se celebrará o 10 de marzo en San Ciprián. Unha data que foi consensuada cos sectores implicados durante a reunión que mantivo nestes días a edil de Turismo, Begoña Alonso, cos representantes dos establecementos hostaleiros da vila e da confraría de pescadores. Unha xuntanza que tamén serviu para avanzar nas iniciativas que se desenvolverán no marco desta festa gastronómica. O Concello dará a coñecer nas vindeiras semanas o seu programa e o cartel.
Cabe destacar que, ao igual que en anteriores edicións, todo o ourizo que se consumirá durante este día de festa provirá única e exclusivamente das augas da Mariña, “con el objetivo de probar el auténtico sabor del erizo autóctono y de potenciar la economía de la zona” explica a edil de Turismo.
Unha cita gastronómica que se converteu nun referente na Mariña lucense e en toda Galicia, xa que se trata dunha festividade declarada de Interese Turístico Galego no ano 2008. De feito, trátase da festa gastronómica máis tradicional da vila e a única deste tipo que conta con esta distinción que outorga a Xunta. Con ela “pretendemos promocionar el pueblo de San Ciprián, fomentar el consumo de este equinodermo, ponerlo en valor y al mismo tiempo promover la pesca sostenible de un producto que debe seguir formando parte de nuestra gastronomía”, asegura Alonso.
Ademais da Festa do Ourizo existen outras celebracións no municipio que contan con esta distinción, como son a da Maruxaina, tamén na vila de San Ciprián, e a da Queimada, en Cervo. “Unas fiestas que se han convertido en un reclamo y en una forma más de atraer a los visitantes en un ayuntamiento como el nuestro, en el que el turismo es un sector muy relevante” explica a concelleira.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



