Nota de prensa
A DELEGACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS INFORMA QUE ATA O 26 DE MARZO SE PODEN SOLICITAR AXUDAS DA PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS/OS MENORES DE 3 ANOS.
Burela, 15 de febreiro de 2012. A Delegación de Servizos Sociais de Burela informa que ata o 26 de marzo está aberto o prazo para solicitar axudas da prestación económica de pagamento único por fillas/os menores de 3 anos para o ano 2012 (orde do 30 de decembro do 2011, DOGA nº 32 de 15 de febreiro de 2012 da Consellería de Traballo e Benestar).
Poderán ser beneficiarios as persoas que teñan fillos/as menores de tres anos na data 1 de xaneiro do 2012 (nacidos entre o 02-01-2009 e o 01-01-2012, inclusive) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2010, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
A documentación que deben presentar é a seguinte:
– Autorización dos membros da unidade familiar para obter da AEAT e da Consellería de Facenda os seus datos de carácter tributario.(anexo IV)
– Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.
– Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar (Convivencia).
– Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
Nos supostos de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución da tutela.
– Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que figure o nº de conta ou, no seu defecto, certificación bancaria que indique expresamente que a persoa solicitante é titular da conta á que se refire.
– Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas por este mesmo concepto por calquera administración pública (anexo II).
– Declaración de estar ao día coas obrigas da Seguridade Social (anexo III).
Para máis información e trámite, os interesados deberán dirixirse ós Servizos Sociais Municipais, sitos na Casa do Concello, en horario de 8 a 15 horas, de luns a venres.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



