Nota de prensa
![]()
MARIO COTO ASEGURA QUE A XESTIÓN INDIRECTA DA MARINA SECA PERMITIRÁLLE AO CLUB NÁUTICO DE RIBADEO UNHA MELLOR ADMINISTRACIÓN DOS RECUSOS, SEN QUE RESULTE ONEROSO PARA OS SOCIOS E USUARIOS DESE SERVIZO. MAÑÁ TERÁ LUGAR A APERTURA DE PLICAS.
Ribadeo, 15 de febreiro de 2012. O presidente do Club Náutico de Ribadeo, Mario Coto explica que a xunta directiva do CNR, no exercizo das súas facultades, decidiu que a marina seca sexa xestionada de modo indirecto ao igual que acontece co bar-cafetería. Mañá terá lugar a apertura de plicas a partires das 13 horas nas oficinas da entidade.
Coto sinalou que “dita decisión únicamente está relacionada co cumprimento da lexislación e optimización dos recursos, sobre todo no concerniente ás consecuencias que calquera accidente poder ter para o Club Náutico de Ribadeo nesa zona de traballo. Ademáis as esixencias que nos están a facer desde Portos de Galicia en materia de seguridade e as preceptivas certificacións en sistemas de xestión medioambiental para todos os portos deportivos tamén nos obriga a tomar medidas”. O presidente do CNR sinalou que “adaptar a marina seca ás lexislacións e normativas vixentes require ademáis dunha serie de investimentos un incremento dos medios humáns, cuestións que o Club non podería asumir de xeito eficaz sen recurrir a unha suba xeralizada das taxas e cánones que se perciben de socios e usuarios”. A xestión indirecta da marina seca, mediante un contrato de cesión á empresa que resulte adxudicataria, permitirálle ao CNR unha mellor administración dos recursos “sen que isto resulte oneroso para os socios e usuarios deste servizo, tendo en conta tamén que o custe destes servizos está a ser soportado con cuotas de socios, aproximadamente uns 400 de pleno dereito, que non teñen embarcación e que non poden ser copartícipes dunha xestión deficitaria que implique unha suba das cuotas”.
Mario Coto aludiu á concentración protagonizada hai uns días por un grupo de socios contrarios á adxudicación da xestión da marina seca, “as leis e as normativas están para cumplilas e acatalas. Adoptamos esta decisión e seguiremos para adiante, pase o que pase”.
O presidente do Club Náutico de Ribadeo mantivo onte pola tarde un encontro con dous ex presidentes do CNR, Ernesto Cruzado e José Antonio Ramil, aos que lles explicou os motivos que levaron á directiva do Club Náutico de Ribadeo a iniciar este proceso. Coto tildou de satisfactorio o encontro mantido con Ramil e Cruzado e dixo que serán eles, os ex presidentes do CNR, os que lles teñan que expoñer as conclusións da xuntanza ás voces que se alzaron nos últimos días en contra da adxudicación da xestión da marina seca. Coto considera que “se levantou un revuelo que non facía falta nos últimos días”.
Mañá, 16 de febreiro, ás 13 horas terá lugar a apertura de plicas nas oficinas do Club Náutico de Ribadeo. Despois, ao cabo duns días, a xunta directiva manterá un encontro para analizar as propostas presentadas e para decidir a qué empresa se lle adxudica a xestión da marina seca.






















A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
