Será na antiga escola de Vieiro (planta baixa) o vindeiro Sábado día 18 de Febreiro de 2012 ás 6 da tarde en 1ª convocatoria e ás 7 en 2ª, co seguinte orde do día: 1º Lectura e aprobación, si procede, da acta da asemblea anterior. 2º Revisión e actualización de Comuneiros. 3º Estado de contas, balance anual pechado a 31 de Decembro de 2011 e saldo a data da asemblea. 4º Informe da Xunta Reitora do pasado exercicio. 5º Eleccións para a renovación da Xunta Reitora, en cumprimento do artigo 14 dos estatutos. Presentación de candidaturas atá o momento da Asemblea. 6º Propostas, preguntas e suxestións.




















Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.



