Nota de prensa
GONZÁLEZ BARCIA ASEGURA QUE O PXOM ESTÁ PRÁCTICAMENTE REMATADO. A VINDEIRA SEMANA DARASE A COÑECER O CALENDARIO PARA A SÚA APROBACIÓN E TRAMITACIÓN. O DOCUMENTO INCLÚE UNHA REBAIXA CONSIDERABLE DA AFECTACIÓN ACTUAL DA VARIANTE, QUE PASA DE 100 A 25 METROS, E A RESERVA DE SOLO NO ESPAZO PORTUARIO DO BERBÉS PARA A CONSTRUCCIÓN DUNHA EDAR.
Burela, 17 de febreiro de 2012. O PXOM de Burela está prácticamente rematado, segundo ven de anunciar o alcalde, José Mª González Barcia. A vindeira semana darase a coñecer o calendario para a súa aprobación e tramitación. O PXOM inclúe unha rebaixa considerable da afectación da actual variante, que pasa de 100 a 25 metros, e a reserva de solo no espazo portuario do Berbés para a construción dunha EDAR. Onte reuniuse a comisión de seguimento do PXOM. Ao encontro asistiron representantes dos tres grupos políticos: PP, PSOE e Grupo Mixto, da asociación de veciños O Vencello, os técnicos da empresa redactora e o técnico municipal de obras.
O rexedor explicou que “no encontro expuxemos e informamos do traballo realizados nos últimos meses e tamén se lles indicou que a estas alturas este documento está prácticamente rematado, a falta de pequenas cuestións, e que a vindeira semanas avanzaremos desde o equipo de goberno o calendario e o procedemento a seguir para a súa aprobación e tramitación”.
González Barcia sinalou que “si hai uns días falabamos da importancia da reserva de solo dotacional que se contempla no PXOM non é menos certo que hai outras cuestións que teñen certa relevancia. Así pretendemos recoller unha rebaixa considerable no que é a afectación da actual variante”. O alcalde burelés dixo que “tendo en conta un informe emitido polo Ministerio de Fomento sendo ministro José Blanco e tendo en conta a aprobación da declaración de impacto ambiental do corredor Barreiros-San Cibrao, que tamén fixo Fomento baixo o mesmo mandato, isto obríganos a incluír esta infraestrutura dentro do plan xeral. Pero o que non é moi lóxico é pensar que se manteña a afectación da variante e que se contemple ao mesmo tempo a afectación dun novo vial que ten carácter de autovía”. O rexedor indicou que “o que facemos no PXOM é rebaixar a afectación da variante de 100 a 25 metros en función das conversas mantidas nas últimos meses coa Demarcacións de Estradas en Lugo e na Coruña”. O equipo de goberno confía en que “o Ministerio de Fomento valore a aportación que nós facemos no plan e que consideramos lóxica”.
O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, manifestou que “nós tamén facemos unha reserva de solo no espazo portuario do Berbés. Alí hai 40.000 metros de solo que, en principio, están destinados para a ubicación de empresas ou de actividades que teñan que ver co sector náutico pesqueiro, pero non é menos certo que agora mesmo o único espazo posible para unha estación depuradora de augas residuais é ese. Unha EDAR en Burela non se entendería que non estivese colocada a nivel do mar, non sería lóxico porque teríamos que facer bombeos. Ese é un espazo reservado”. E engadiu que “se ten falado con Augas de Galicia sobre esa posible ubicación e ao mesmo tempo tamén se ten falado con Portos de Galicia por entender que esa é unha zona na que se pode ubicar a EDAR. Estamos en fase de conversas con Augas e con Portos de Galicia e é posible que dentro dun mes teñamos unha reunión a tres bandas para definir xa de maneira máis exacta a ubicación da EDAR”.
O equipo de goberno contempla a construción dunha nova depuradora de augas residuais “porque a actual está a dar problemas, como xa dixemos en reiteradas ocasións. Ademáis nós non podemos aprobar un documento de planeamento urbanístico que vai condicionar o desenvolvemento de Burela no futuro, onde se inclúe un incremento do número de vivendas con respecto ás existentes na actualidade, sen contemplar unha estación faga o saneamento de toda esa poboación que se pode ubicar en Burela”. González Barcia cre que “estamos actuando con racionalidade” e lembra que “todo isto non aparecía no documento que nós nos atopamos ao chegar ao Concello. Todos estes trámites levan tempo, pero penso que estamos no bó camiño”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



