Nota de prensa:
Soneira rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias
OS SOCIALISTAS ESIXEN A NUÑEZ FEIJOO QUE CUMPRA OS CONVENIOS COAS COFRARIAS DE GALICIA
-A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira asegura que a practica totalidade das confrarías de Galicia están nunha situación económica moi delicada, xa que non poden facer fronte aos seus gastos
– Soneira pregunta á Conselleira do Mar “si é consciente da situación económica na que se atopan as confrarias?, e que “medidas pensa poñer en marcha para solucionar este problema?”
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2012. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou hoxe que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias nas que esixe ao Goberno de Feijoo que cumpra os convenios coas cofrarias de Galicia.
Soneira asegura que a practica totalidade das confrarías de Galicia están nunha situación económica moi delicada, xa que non poden facer fronte aos seus gastos.
Advirte que moitas confrarias están facendo fronte ás nóminas asistencias técnicas dos vixiantes, cos seus recursos propios. E denuncia que esta situación “aboca aos positos a unha carencia absoluta de liquidez, ou a recorrer a polizas de crédito, ou incluso a recorrer a recursos dos propios cofrades.
Advirte que “por mor da crise ou pola irresponsabilidade dun numero importante de compradores as lonxas atópanse con atrasos e impagos moi importantes, tanto polo volume dos recursos como polos períodos, cada vez mais longos do atraso no abandono da mercadoría”.
Explica que este fenómeno ten “consecuencias moi graves para a economía das confrarías que actúan, na practica, como un Fondo de Garantía para que os mariñeiros e os armadores cobren por unha captura que algunha veces, non se abona ata pasadas semanas ou meses ou nunca”.
Soneira pregunta á Conselleira do Mar “si é consciente da situación económica na que se atopan as confrarias?, e que “medidas pensa poñer en marcha para solucionar este problema?”.




















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



