ACTA DO XURADO DO ANTROIDO DE VIVEIRO DO ANO 2012
Membros xurado:
D. Jesús Fernández ,Ärea comercial Praia de Covas.
D. José Manuel Moreno Moreno, Seminario Terra de Viveiro.
Dª. Dolores Fernández Basanta, Coral Polifónica Alborada.
Dª. Cruz Penso Gato, Asociación Cultural Bágoas da Terra.
Dª. Isabel Méndez, Centro comercial Casco Histórico.
D. Breixo Buján, Colectivo Chilindrín-Penalba
Secretaria: Rosario A. Basanta Gabeiras.
Despois de presenciar o desfile do Antroido e feitas tódalas deliberacións, a resolución do xurado é a seguinte:
CATEGORÍA INDIVIDUAL:
| 3º premio 30 € vales | Bomberín |
| 2 º premio 50 € vales | Negrita zumbona |
| 1º premio 70 € vales | La emperatriz en su trono |
CATEGORÍA PARELLAS:
| 3º premio 60 € vales | Medusas |
| 2 º premio 100 € vales | A danza da diarrea |
| 1º premio 140 € vales | Urdangarín e a súa maxestad |
CATEGORÍA GRUPOS:
| 3º premio 100 € vales | A boda |
| 2 º premio 200 € vales | Nicomedes |
| 1º premio 400 € vales | 101 dalmata |
CATEGORÍA COMPARSAS:
| 3º premio 100 € vales | A Onu , os recortables |
| 2 º premio 200€ vales | Os mosqueteiros do Valado e compañía |
| 1º premio 300 € vales | A abeja Maya |
CATEGORÍA CARROZAS:
| 3º premio 600 € vales | Os bombeiros |
| 2 º premio 900 € vales | A fachenda da parroquia. Tu cara me suena |
| 1º premio 1500 € vales | Erase unha vez ………..do Casino de Viveiro |
ESPECIAL Ó HUMOR: 120 € vales: Azafata
ESPECIAL A ORIXINALIDADE: 120.00 € vales: Nicomedes
Ribadeo, Burela e Viveiro, entre outras localidades, acolleron onte a celebración do entroido. O frio
non mermou a participación nos distintos desfiles nin impediu a afluencia de público. Algunhs dos participantes desfilaron por segunda ou tercerceira vez, este ano, co mesmo disfraz ao permitirllelo o calendario de desfiles.
En Alfoz, que acelebración tivo lugar no pavillón municipal o luns día 20 ás 19,30 horas. O grupo “Aires do Padornelo” de Mondoñedo deu a nota musical da festa a iso das 19,30 horas, participando tamén logo no desfile de disfraces cunha charanga propia. O desfile tivo lugar sobre as 21,30 horas e contou cunha nutrida participación. A festa estivo organizada pola Asociación Cultural “O Castelo”, colaborando o concello de Alfoz.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



