Nota de prensa:
Val clausura o congreso medioambiental da Deputación en Madrid expoñendo o proxecto provincial para impulsalas praias mariñanas
– O Deputado defendeu a implantación da certificación ISO 14001 como “unha estratexia fundamental para converter os areais lucenses nun referente de calidade en España e avanzar de cara á desestacionalización do turismo”
– José Ramón Val lembrou que os areais certificados esta tempada, por segundo ano consecutivo, pertencen a Viveiro, Foz e Ribadeo, despois de que O Vicedo e Burela rexeitaran continuar
O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, José Ramón Val, clausurou este venres as xornadas medioambientais que a Deputación organizou en Madrid ofrecendo unha conferencia sobre a aposta do organismo provincial por impulsalas praias mariñanas a través da implantación do certificado ambiental ISO 14001, “unha estratexia fundamental para converter ós nosos areais nun referente de calidade en España e avanzar de cara á desestacionalización do turismo”. Ante un auditorio composto por máis de 120 estudantes e emprendedores do medio ambiente, Val lembrou que a Deputación financiou o pasado ano o proceso para implantar este prestixioso selo nas praias lucenses e nesta tempada volve a custear o 100% dos traballos de auditoría preceptivos para renovar o distintivo, aforrándolle ós Concellos 7.300 euros. Os areais certificados neste 2012, por segundo ano consecutivo, pertencen ós Concellos de Viveiro, Ribadeo e Foz, despois de que O Vicedo e Burela se descolgaran do proxecto, que ten custe cero para as arcas municipais.
Xunto á conferencia sobre a certificación de praias, no marco das xornadas técnicas organizadas na Universidade Politécnica de Madrid, hoxe celebrouse unha mesa redonda na que se abordaron as liñas de actuación fundamentais que o organismo provincial levou adiante para impulsar económica e socialmente o territorio das Reservas:
Programas Km0, Surfcamp e Lugoteando, que explicou o seu responsable, Juan Carlos Fernández Pulpeiro.
Programa de Saúde e Benestar no Camiño de Santiago, do que falou Laureano Crespo Trujillo, representante do convenio de colaboración asinado entre a Deputación e os catro balnearios da provincia que participaron nesta iniciativa –Lugo Termas Romanas; Oca Río Pambre de Palas; Guitiriz Hotel Balneario & Golf Club; e Oca Augas Santas Balneario Golf Resort de Pantón-.
Becas de formación Lug02 para mozos titulados, que expuxeron Andrea Macho, coordinadora do proxecto provincial Lug02, Manuel Lolo, responsable da empresa xestora das becas, e Alexandre Figueiras, un dos beneficiados polas bolsas.
Proxecto para conservar e mellorar as condicións de produción dos soutos de castaños, desenvolvido a través dun convenio con Alibos Galicia, unha das maiores produtoras mundiais de castaña pelada e conxelada. Desta iniciativa falou Pablo Antonio Fraga Gontán, enxeñeiro técnico agrícola e técnico de Alibos Galicia.
A institución provincial decidiu levar a Madrid estas xornadas no marco do seu obxectivo de concienciar e difundir, dun xeito rigoroso e atractivo, os recursos e valores naturais da provincia de Lugo entre a cidadanía en xeral, pero en especial entre os profesionais vinculados co medio ambiente, pois considera que esta é unha das fórmulas para garantir a xestión sostible e posta en valor do patrimonio natural, ademais do seu impulso económico. Outras mostras deste empeño da institución son, por exemplo, a exposición sobre as corenta Reservas da Biosfera españolas que segue aberta –ata o 28 de febreiro- na Capela de Santa María; as xornadas para técnicos municipais sobre o Complexo Húmido Terra Chá que se celebrou a pasada semana; ou os obradoiros dirixidos a escolares sobre o ecosistema fluvial, dos que se celebrou unha sesión o 18 de febreiro e haberá unha nova precisamente este domingo, día 26.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



