Nota de prensa
O BNG URXE DA XUNTA QUE ACTÚE PERANTE O ANUNCIO DE ALCOA DE RECORTAR A SÚA ACTIVIDADE EN GALIZA
Henrique Viéitez advirte de que esta decisión agocha o obxectivo de deslocalizar toda a produción a Arabia Saudí
Santiago de Compostela, 24 Febreiro .- O deputado do G.P do BNG Henrique Viéitez advertiu hoxe ao goberno da Xunta de que ten que actuar para salvagardar a produción de Alcoa en Galiza e o seu emprego nas condicións actuais, pois asegurou que os plans da empresa van máis alá dunha redución temporal, teñen como obxectivo final a deslocalización.
Viéitez, durante o debate en comisión dunha pregunta do BNG sobre os recortes da produción previstos na Coruña e que, segundo os dados que manexa o deputado, tamén poderían afectar a San Cibrao, lembrou que a direción de Alcoa xa comezou a dita deslocalización en 2009, desviando parte da produción das súas plantas (6 no conxunto do Estado) a Islandia.
Para o parlamentar, este feito sumado ás previsións de pór en marcha unha megafactoría en Arabia Saudí en 2013, que produciría 750 mil toneladas de aluminio ao ano, absorvendo o que hoxe deixan de producir as fábricas pechadas e a redución das fábricas galegas, fai “que non se poida mirar para outro lado e se actúe para evitar a incidencia no emprego”.
Víeitez acusou ao director xeral de Industria, Bernardo Tahoces, de demostrar que está máis do lado da empresa que dos traballadores e aseguroulle que o ERE previsto non é temporal –como sostivo o director xeral- senón que só é un primeiro paso que agocha unha “medida máis gorda”, como a deslocalización.
Asemade, recriminoulle que se os empregados de Alcoa asumiron as condicións da empresa é “por medo”, debido ao actual contexto da reforma laboral e a indefensión na que deixa aos traballadores.
O deputado nacionalista concluiu asegurando que o encarecemento da enerxía, o incremento dos custes das materias primas e a caída do prezo do aluminio é tan só a escusa para xustificar a redución de produción e, por tanto, de emprego pero non se corresponde exactamente coa realidade.





















A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



