Nota de prensa:
O BNG pídelle á edil de Facenda de Cervo que explique aos provedores de materiais e servizos do concello porque tardan tanto en cobrar si a facenda local conta con tan boa saúde.
O BNG acláralle á edil que si cumprira co seu traballo hoxe teriamos o orzamento para 2012 aprobado e non unha prórroga do 2011.
Estúa replícalle ao goberno local que se ocupe de xestionar con eficacia o que é de todos e todas e non so das súas propias retribucións.
Cervo, 27 de febreiro de 2012. O BNG saíu ao paso das declaracións da edil de Facenda do Concello de Cervo, Tania González, sobre a situación económica do concello. Os nacionalistas replican que os datos evidencian que hai facturas que deberían ser atendidas o ano pasado e outras moito tempo antes e cando menos en parte isto é responsabilidade da propia edil que retrasou inxustificadamente o pago a provedores. Ao portavoz nacionalista sorprendeulle que a edil de facenda diga que a situación económica do concello é tan boa cando hai xente que espera moitos meses por cobrar e neste sentido pediulle que llo explique aos provedores que cobrar as súas facturas. O nacionalista ademais pídelle que cumpra co seu traballo xa que si así o fixera contariamos co orzamento para 2012 aprobado dende xaneiro como corresponde e non cun prorrogado de 2011, algo incompresíbel nun goberno que conta con maioría absoluta para aprobalo pero polo que se ve está mais preocupado polas súas propias retribucións que por atender os deberes cando corresponde.
Si a facenda local goza de tan boa saúde que llo expliquen aos provedores que agardan meses para cobrar.
Estúa pediulle á concelleira de facenda que cumpra coas súas funcións e deixe o traballo de facer oposición a quen lle corresponde, o nacionalista lembroulle que cobra por traballar para os veciños e veciñas do concello e xestionar con eficacia, “o que a obriga a pagar aos provedores cando corresponde, non cando lle peta, moito mais si como di, a facenda local goza de tan boa saúde.”
Lémbranlle á edil de facenda que entre as súas obrigas tamén está presentar os orzamentos cando corresponde.
O nacionalista cre que non sería necesario explicarlle á concelleira do ramo que entre as súas obrigas está presentar os orzamentos municipais e levalos a pleno cando corresponde, “resulta incomprensíbel que un goberno con maioría absoluta siga a estas alturas cun orzamento prorrogado do 2011 cando deberiamos ter un aprobado o de 2012 dende xaneiro e isto tamén está no debe da edil de facenda.” Estúa replicoulle á edil que estas son as súas funcións e non multiplicar as Xuntas de Goberno para cobrar as asistencias a 150 euros.
Entre Feijoo e Rajoy bástanse e sóbranse para acabar con tódolos dereitos sociais adquiridos durante décadas.
Por último Estúa pediulle á delegada de facenda que se informe ben, o BNG fai anos que non aproba os orzamentos do Estado, especialmente dende que comezou a aplicar medidas antisociais “que si contaron co apoio por acción ou omisión do PP e foron acompañadas polas políticas de desmantelamento dos servizos públicos dende o goberno da Xunta”. O nacionalista replicou que “entre Feijoo e Rajoy bástanse e sóbranse para acabar con tódolos dereitos sociais adquiridos durante décadas, non precisan a axuda da concelleira de Facenda de Cervo que debería dedicarse ao seu.”

















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



