Nota de prensa:
A Deputación elaborará diagnósticos económicos, plans de saneamento e estudos de custes para aforrar cartos ós Concellos
– Díaz Valiño anunciou a posta en marcha desta liña de cooperación, centrada no ámbito económico-financeiro, así como dun portal web de servizos xurídicos, no que as entidades locais terán acceso a un gran fondo de documentación para a súa consulta
– O Deputado informará persoalmente ós Alcaldes e empregados municipais acerca destas dúas novas prestacións nunha xeira de encontros, que terán lugar o vindeiro mércores en Monforte, o xoves en Burela, e o venres en Lugo
O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Juan José Díaz Valiño, presentou este luns en rolda de prensa dous novos servizos que potenciarán o traballo en rede cos municipios da provincia, e que repercutirán “nun importante aforro de custes para as arcas locais, nunha maior axilidade administrativa e nunha racionalización dos seus recursos”, recalcou Valiño. Trátase, por un lado, de asistencia en materia económico-financeira, a través da que o organismo provincial elaborará diagnósticos da situación económica das facendas locais, plans de saneamento, estudos de custes de servizos públicos ou ordenanzas, entre outros procedementos. Por outro lado, a Deputación activa un portal web de servizos xurídicos, grazas ó que os Concellos terán acceso dende a páxina web da Deputación (www.deputacionlugo.org) a un gran fondo de documentación para a súa consulta. Ambas dúas liñas de cooperación poñeranse en marcha esta mesma semana, pero para dárllelas a coñecer polo miúdo e in situ, co fin de que lles saquen o máximo partido, Valiño convocou unha xeira de reunións cos Alcaldes e empregados municipais. Os encontros terán lugar o vindeiro mércores, ás 10:00 horas, no Salón de Plenos de Monforte de Lemos; o xoves, ás 12:00, no Salón de Plenos de Burela; e o venres, ás 10:00, no Salón de Actos da Deputación.
O Deputado de Cooperación destacou que a liña de asistencia en materia económica, de contabilidade e xestión orzamentaria ábrese “porque a consideramos transcendental para o equilibrio e sustentabilidade das arcas municipais, nun contexto de máximo rigor económico e no que cada vez se lles esixe ós Concellos que cumpran con máis requisitos, cando están escasos de recursos”. Entre as vantaxes deste novo servizo, Díaz Valiño destacou que, “ademais de axudarlles a cumprir co principio de legalidade, facilitaremos que os Concellos aforren custes, evitándolles que teñan que contratar empresas externas; gañen axilidade, ó liberar deste tipo de labores ós seus empregados municipais; e optimicen recursos, pois farémoslles estudos de custes para determinar como resulta máis viable ou como poden aforrar nun determinado servizo público, tales como os de recollida de lixo, subministro de auga, alumeado, axuda a domicilio…” Engadiu así mesmo que os Concellos garantirán achegas autonómicas e estatais, pois “axudarémoslles a que teñan as contas ó día, e que estean correctas, de xeito que se axustarán ós prazos de fiscalización que deben cumprir para poder recibir axudas da Administración galega e central”.
Como exemplos das prestacións que ofrece esta liña de cooperación, o Deputado indicou “os casos de Sarria, que contratou unha auditoría externa por un importe de 20.000 euros; o de Mondoñedo, que pagou uns 48.000 euros a una empresa por poñer as contas ó día; ou o de Foz, que lle pagará 7.000 euros ó ano a un técnico para determinar como aforrar no alumeado público. Facilitando dende a Deputación os medios persoais e técnicos, poderemos aforrar custes coma estes”.
Impulso á asistencia xurídica
Polo que respecta ó portal web de servizos xurídicos, Díaz Valiño explicou que esta iniciativa “potencia a liña de asistencia xurídica lles vimos prestando ós Concellos”. Cada un dos municipios ten un usuario e unha contrasinal para que os empregados públicos habilitados accedan dende a páxina http://cooperacionconcellos.deputacionlugo.org, pinchando no apartado Servizos en Liña para os Concellos, a un “gran fondo de documentación on line dispoñible as 24 horas do día e os 365 días do ano, no que, cun só click, poderán consultar ditames, novidades lexislativas, sentenzas, ordenanzas e regulamentos, bases de datos xurídicas, dúbidas sobre a linguaxe xurídica galega, etc., o que redundará nunha maior axilidade e eficacia da administración e da súa relación cos cidadáns”, afirmou o Deputado. Ademais de toda esta información, os Concellos contan neste portal web coa posibilidade de facer consultas particulares. Este sistema garante celeridade na formulación e na contestación das consultas, pois os Concellos poden formular as dúbidas que se lles presenten e recibir unha resposta individualizada sen as formalidades que se esixen para os ditames ou informes.
Aforro de 10.300 euros ó ano
O Deputado de Cooperación destacou neste senso outra liña de aforro, neste caso vinculada coa subscrición da Deputación a bases de datos xurídicas para asesoramento e consulta: “Decidimos unificar as subscricións ás bases de datos on line, quedándonos cunha soa empresa subministradora, e eliminar as de papel. Esta medida supón para a Deputación un aforro de máis de 10.300 euros ó ano. Deste xeito, quedámonos soamente con Editorial Aranzadi, líder en servizos e publicacións xurídicas en España, e a que ten unha maior cobertura no ámbito legal, de xurisprudencia e práctico. Esta base de datos poñémola ademais a disposición dos Concellos no noso portal web, a custe cero para eles. Hoxe en día, hai xa algúns municipios que a teñen, polo que lles aforraremos máis de 5.600 euros ó ano, que é o custe que deben afrontar contratando este servizo de maneira individualizada. Noutros casos, grazas ó acceso gratuíto que lles ofrece a Deputación a esta base de datos, poderán prescindir doutras ás que estean subscritos, co cal tamén aforrarán custes”.
“Avanzamos nun camiño que abrimos en 2007”
Díaz Valiño recalcou que con estas novas liñas de actuación, a Deputación avanza “no camiño da cooperación que vimos abrindo dende o 2007 e que supuxo, entre outras cousas, a posta en marcha da asistencia xurídica, que precisamente agora estamos reorganizando, non só na área de Cooperación, se non no conxunto da Deputación para prestar o mellor servizo a municipios e cidadáns; a asistencia na xestión de recursos humanos; a cesión da maquinaria e o persoal do parque móbil a tódolos Concellos que así o soliciten para o acondicionamento de estradas locais; ou a posta en marcha do Sistema de Recadación Provincial, por medio do que 54 Concellos da provincia que delegaron na Deputación a recadación de impostos municipais reciben un adianto mes a mes, o que lles garante ingresos e liquidez, ademais de ver rebaixado do 6 ó 3% a porcentaxe que deben aboar en período voluntario”, sinalou.




















Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



