Nota de prensa
A BIBLIOTECA DE GALICIA TEN CATALOGADOS MÁIS DE 5.000 VOLÚMENES DOS FONDOS DE ISAAC DÍAZ PARDO PARA O SEU ESTUDO E DIFUSIÓN
A Xunta de Galicia leva catalogando desde marzo de 2011 os valiosos fondos que cedeu o intelectual galego e que teñen unha importancia extraordinaria para a recuperación, conservación e difusión da cultura galega
Os fondos de Eugenio Granell e Rafael Dieste, a biblioteca de Camilo Díaz Valiño e a colección de Edicións do Castro inclúense entre o material catalogado
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou hoxe no Consello da Xunta o informe para dar a coñecer a situación dos fondos de Isaac Díaz Pardo cedidos en réxime de comodato para ser conservados, difundidos e estudados na Biblioteca de Galicia. A incorporación dos fondos de Isaac Díaz Pardo á Biblioteca de Galicia vense realizando de forma progresiva desde o 21 de marzo do 2011. Neste momento xa están catalogados 5.071 exemplares dun total que ascenderá a uns 16.000 volumes. Asemade, proximamente catalogaranse miles de documentos do intelectual galeguista, entre os que se inclúen cartas, recortes, carteis e fotografías, entre outros.
O obxecto desta cesión é o de promover o estudo dos fondos, fomentar e difundir o coñecemento xeral do patrimonio cultural galego, así como a facilitar a formación de investigadores. Estes obxectivos acadaranse por medio da utilización, consulta e reprodución gráfica dos fondos, que se realizará a través da Biblioteca e do Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura. Para difundir a composición do fondo bibliográfico e documental de Isaac Díaz Pardo, a Biblioteca de Galicia está realizando a catalogación de miles de obras. Ademais, proximamente tamén se dixitalizará unha selección de obras.
Valiosa colección documental
A Xunta de Galicia considera que o depósito bibliográfico e documental cedido polo intelectual galeguista ten unha importancia extraordinaria para a recuperación, conservación e difusión da cultura galega. Este fondo está composto por múltiples expresións dos nosos creadores, da literatura, das artes, da prensa e de múltiples relacións socioculturais e políticas galegas. Agora, grazas ao compromiso e esforzo de Díaz Pardo, toda a cidadanía poderá consultar e coñecer un pouco máis da historia de Galicia no século XX, en especial da Galicia exterior e, máis concretamente, da intelectualidade galega exiliada.
Os fondos catalogados de Isaac Díaz Pardo están accesibles en liña no OPAC da Biblioteca de Galicia, xunto co resto dos fondos da biblioteca. O portal web da Biblioteca de Galicia, que se presentará proximamente, terá unha páxina dedicada á biblioteca de autor de Isaac Díaz Pardo. Actualmente, entre os fondos que se poden consultar atópase o do seu propio pai, Camilo Díaz Baliño, que é dunha riqueza documental valiosísima. Conta con 200 fotografías, unha pequena biblioteca persoal, 100 cartas, debuxos e relatos orixinais, dez albumes elaborados por Camilo Díaz que recollen toda a súa actividade profesional en América como escenógrafo e documentos persoais.
Destacan neste fondo cartas orixinais de Castelao a Camilo Díaz, debuxos, colaboracións en prensa, os albumes que o propio Camilo compoñía a través de referencias nos xornais, fotografías ou dedicatorias dos seus amigos. Pero sen dúbida, o documento máis importante coma proba histórica son os debuxos feitos por Camilo Díaz na cadea aos seus compañeiros de prisión, días antes do seu pasamento e o debuxo con carácter premonitorio do seu futuro.
Tamén están catalogados os fondos de dúas coleccións: a colección de Edicións do Castro, fundada en Sada ao abeiro da fábrica de Sargadelos, como parte do complexo cultural; e mais a colección da Editorial Ruedo Ibérico, fundada en 1961 en París por José Martínez e outros catro refuxiados do franquismo.
Distintos fondos testemuño da historia de Galicia
A biblioteca de Manuel Díaz Rozas –membro do Seminario de Estudos Galegos, inspector de ensino e pedagogo anovador– forma parte tamén dos fondos catalogados.Este intelectual logrou reunir unha completa biblioteca, un tesouro bibliográfico con libros e publicacións periódicas sobre pedagoxía e outras materias como psicoloxía, historia, literatura, filosofía e ciencias editados en distintas linguas.
Outra das partidas catalogadas é o fondo de Chamoso Lamas, que está composto por fotografías, folletos, libros, revistas como España Libre e Frente Popular, e obras sobre patrimonio artístico, algunhas delas escritas por Chamoso Lamas. Ou o fondo de Eugenio Granell, composto por unhas 100 fotografías e debuxos orixinais.
O fondo de Rafael Dieste, que está composto pola súa correspondencia con Díaz Pardo, obxectos artísticos, documentos e a súa biblioteca persoal. Inclúe tamén bibliografía e documentación de teatro, obras sobre cine e fotografía, revistas e xornais. Son fondos bibliográficos e documentais pertencentes a Isaac Díaz Pardo que se atopaban nas bibliotecas do Instituto Galego de Información (Santiago de Compostela), no Seminario de Sargadelos (Cervo, Lugo) e na súa biblioteca persoal.
Ademais de todos estes fondos, xa se catalogaron diversas coleccións de orixe privado ou semi-público constituídos por albumes de prensa, catálogos, cartas e documentos de todo tipo.
Novo material de Díaz Pardo
Doutra banda, a Biblioteca de Galicia recibirá proximamente outro valioso material da biblioteca e arquivo de Isaac Díaz Pardo. Dentro dese material figura o arquivo fotográfico de Díaz Pardo e o material relativo á experiencia do intelectual galego en Magdalena (Arxentina), que inclúe, entre outra documentación, os planos da fábrica de cerámica aberta alí, deseños, fotografías e correspondencia. Tamén se arquivará para o seu estudo e difusión a correspondencia mantida entre Díaz Pardo e diferentes persoeiros, como Luís Seoane, Laxeiro, Neira Vilas, Rafael Dieste ou Valentín Paz- Andrade.
Na Biblioteca da Cidade da Cultura tamén se depositará a documentación sobre o Consello de Galiza. Neste depósito inclúense tanto actas como correspondencia, material froito das actividades desenvolvidas por este organismo creado en Montevideo polos deputados republicanos galegos no exilio no ano 1944. Tamén se recibirán proximamente a biblioteca persoal e o epistolario de Lorenzo Varela; os fondos e textos inéditos de Arturo Cuadrado e de Valentín Paz-Andrade; a documentación relativa á constitución do Laboratorio de Formas; material da actividade cultural realizada durante 20 anos polo Instituto Galego de Información, así como da actividade do Seminario de Estudos Galegos; e a Revista Ibérica por la Libertad, fundada por Victoria Kent en Nova York en xaneiro do 1953.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



