Nota de prensa
II Roteiro Fotográfico, natureza e fotografía pola paraxe natural de Sto. Estevo do Ermo, organizado polo Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros.
Terá lugar o próximo domingo, 11 de marzo, a partir das 12:00h.
Seguindo a liña de traballo deste ano, adicada ao Río Masma e por extensión a todos os ríos e elementos vinculados cos mesmos que existen no concello de Barreiros, o Colectivo Cultural Ollomao organiza para o próximo domingo, 11 de marzo, o II Roteiro Fotográfico. O obxecto destas xornadas é dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio natural e a arquitectura popular barreirense, á vez que ofrecer un espazo de participación para as persoas amantes da natureza e aficionadas á fotografía.
O punto de partida para o roteiro está sinalado na Capela de Sta. Ana, na Ínsua, ás 12:00h. Realizarase un primeiro tramo ata a Capela do Sto. Estevo do Ermo onde terá lugar unha parada para o xantar, do cal debe ir provisto cada participante. A continuación proseguirá a ruta pola paraxe. Esta actividade é libre e de balde para todas as persoas interesadas, non sendo preciso apuntarse por adiantado.
Dende o Colectivo Cultural Ollomao informan tamén, que ata o 18 de marzo, segue aberto o prazo para participar no II Certame Fotográfico: “Enfocando Barreiros” que nesta edición leva por tema “Os ríos no obxectivo”.
Todas/os as/os interesadas/os en participar nestas e outras actividades do Colectivo poderán consultar máis información no blog: http://www.blogoteca.com/ollomao/, e a través do Facebook, no perfil http://www.facebook.com/colectivoculturalollomao, ou ben poñerse en contacto co colectivo no enderezo electrónico: colectivo.cultural.ollomao@gmail.com.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



