Nota de prensa
UNIFOZ, presentou unha proposta a Pleno para axudar as familias do noso concello que se encontren en dificultades, unha das médidas tomadas e que quere informar a opinión pública en xeral e a as persoas que se encontran en dificultades en particular que na pasada sesión plenaria acordouse dotar con 20.000 €, unha partida económica para poder facer fronte as axudas que o Concello de Foz poda conceder as familias que se encontran en dificultades e que o soliciten.
Na páxina web do Concello de Foz, está exposta a ordenanza que regula as condicións, procedemento, requisitos e concesión de axudas para as familias con dificultades.
A mencionada ordenanza (Ordenanza reguladora das bases das axudas para emerxencias sociais) recolle a posibilidade de conceder axudas para que as familias que non podan sopostar os gastos de primeira necesidade:
a) Situacións de ingresos insuficientes, que provocan unha situación temporal de insuficiencia de recursos económicos para cubrir as necesidades primarias .
Artigo 4.º.-As clases e as contías máximas das axudas.
A) Dentro dos termos do artigo anterior establécense as seguintes clases de axudas:
1. Manutención: Durante tres meses consecutivos ou ben unha vez cada dous meses ao longo do ano, ata o tope máximo anual de 175,00 euros por unidade familiar. Enténdese incluído dentro do concepto de manutención o leite maternizado. Neste caso, a contía máxima por unidade familiar fixase en 225,00 euros
2. Medicación: Durante tres meses consecutivos ou ben unha vez cada dous meses ao longo do ano ata un tope máximo anual de 200,00 euros. Enténdese incluído dentro deste concepto o material oftalmolóxico e bucodental.
3. Gastos de vivenda: Contía máxima anual por unidade familiar: 200,00 euros. Tratarase de reparacións que se consideren básicas para o desenvolvemento mínimo da vida familiar, segundo podan apreciar os servizos Sociais municipais.
4. Non pagamento de subministracións (enerxía eléctrica, auga, gas): Contía máxima anual por unidade familiar: 125,00 euros.
5. Gastos de transporte para asistir a tratamentos de rehabilitación de toxicomanías: Contía máxima anual por unidade familiar: 125,00 euros
6. Pagamento de actividades socioculturais organizadas polo Concello de Foz que sexan precisas para a integración social, especialmente dos menores: ata un tope máximo de 150,00 euros ao ano.
7. Becas para material escolar: Contía máxima anual por unidade familiar. Neste caso o destinatario deste material escolar deberá cursar os seus estudos en centros radicados
no Concello de Foz de ensino obrigatorio incluída educación infantil, salvo causa xustificada de imposibilidade por razóns que deberán ser apreciadas no seu caso polos Servizos Sociais do Concello:
– Educación infantil: 200,00 euros
– Educación primaria: 150,00 euros
– Educación secundaria: 250,00 euros
8. Comedor escolar: contía máxima anual por unidade familiar 550,00 euros
Para a concesión desta axuda teranse en conta ademais dos requisitos xenéricos recollidos nesta Ordenanza os seguintes:
– So se concederá para comedores escolares de colexios públicos
– Con carácter previo será requisito necesario facer o posible para o traslado dos escolares a centros públicos que conten con servizo de comedor gratuíto
– So se concederá esta axuda cando sexa preciso para lograr a conciliación da vida laboral e familiar apreciada polos Servizos Sociais municipais.
– As potenciais axudas por este concepto serán estudadas de xeito independente ás demais e resoltas favorablemente cando, aínda incumprindo os límites do artigo cinco destas bases, a criterio dos servizos sociais municipais existan características/condicións que así o aconsellen (imprescindible para conciliación de vida laboral e familiar…)
9. Violencia de xénero: Aloxamento de urxencia, manutención e gastos de desprazamento en casos de violencia de xénero ata que se faga cargo o servizo correspondente da Comunidade Autónoma cun límite revisable de 5 días e un importe máximo por día de 80,00 euros, que poderá aumentarse en casos excepcionais tras a apreciación dos Servizos Sociais municipais.
No caso de que a axuda de emerxencia social se conceda a unha persoa física, para os únicos efectos de determinar as contías máximas do apartado anterior deste artigo, así como para a determinar as contías concretas segundo o artigo seguinte, o Concello entenderá que a persoa física beneficiaria constitúe unha unidade familiar integrada por un único membro.
A cantidade global percibida por todos os conceptos anteriores non poderá superar no cómputo anual os 550,00 euros.
B) O Concello poderá conceder a axuda se hai unha situación de emerxencia social que faga preciso un tipo de solución distinta das incluídas no apartado anterior deste artigo, sempre que concorran as circunstancias do artigo 3 desta ordenanza e sempre que a persoa que solicita a axuda xustifique a necesidade mediante un informe do Departamento de Servizos Sociais. A contía máxima da axuda será aquela que corresponda á sinalada no apartado anterior coa que teña unha maior similitude, ou aquela que razoablemente e dentro dos límites anteriores se determine polos Servizos Sociais municipais.
As mencionadas axudas están condicionadas a coeficientes de ponderación, dependendo dos ingreso da unidade familiar.
As persoas que teñan interesadas poden informarse nas oficinas de Servizos Sociais do Concello de Foz , situadas no Porto.




















A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



