Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ AVOGA POLO TRABALLO EN CONXUNTO E VENDO O TURISMO DE RIBADEO COMA
UNHA EMPRESA ÚNICA. O VINDEIRO MÉRCORES HABERÁ UNHA NOVA XUNTANZA PARA SEGUIR AFONDANDO NO PROXECTO RIBADEO DE EVENTOS.
Ribadeo, 8 de marzo de 2012. O alcalde, Fernando Suárez, avoga polo traballo en conxunto e vendo o turismo de Ribadeo coma unha empresa única. O rexedor fixo un balance positivo dos encontros sectoriais celebrados onte e anuncia unha nova xornada de traballo para o 14 de marzo co obxectivo de seguir afondando no proxecto Ribadeo de eventos.
Suárez Barcia amosóuse satisfeito “por ver como na tarde de onte 30 establecementos acudiron a estas tres mesas sectoriais da iniciativa Ribadeo de eventos, entre restauración, empresas de ocio e hoteis, hostais… Alí acudiron ao lavadoiro dos fornos. Nós, xunto con esta xente que nos está a asesorar, queremos facer de Ribadeo un lugar atractivo de turismo, de eventos, de congresos, de reunións, etc, non só na época estival senón durante todo o ano. Hai unha expectativa positiva de moita desta xente e agora xa se empezou a traballar para configurar un paquete turístico”.
O alcalde ribadense pensa que “estas xuntanzas serven tamén para empezar a cambiar os modos de actuar desde a individualidade a un traballo máis de conxunto e en rede, vendo o turismo de Ribadeo coma unha empresa única. Ribadeo é algo máis que unha suma de empresas deste tipo, Ribadeo é cultura, Ribadeo é historia, Ribadeo é enclave, é paisaxe, é ría de Ribadeo, é unha serie de condicións que o fan atractivo para que algunha empresa mediana que organice congresos ou eventos, e que queira darlles aos seus traballadores uns bonos de fin de semana para que poidan durmir, xantar ou un lugar onde reunírense”. Fernando Suárez engadiu que “o Concello quere poñer no marco deste programa as súas infraestructuras ben sexa o auditorio, o local de reunións das asociacións ou o forte de San Damián para que se poidan utilizar e que redunde en que máis xente veña a Ribadeo, coma en Ribadeo, durma en Ribadeo e que disfrute de Ribadeo. Queremos así velar por estes sectores comerciais tan importantes que temos na nosa vila”.
O rexedor dixo que “xa quedamos para unha nova xuntanza o mércores que ven, coa intención de que asisten non só os que xa estiveron, senón que está aberta a todos os demáis, axencias de viaxes, hoteis e restaurantes que non puideron vir, para ir traballando nestas mesas microsectoriais e ir configurando entre todos a oferta adaptada aos recursos e aos axentes que temos neste territorio de Ribadeo”.



















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



