O CENIMA presenta este sábado unha nova proposta, a exposición colectiva “OSCILACIÓNS”. David Catá (Viveiro), Verónica Vicente (Pontevedra), Álvaro San Román (Valdepeñas), Cintia Villavicencio (Santa Cruz de Tenerife), Jesús Fernández Escudero (Granada), Isabel de Diego (Madrid), Carlos Espinosa (México), Claudia Mareco (Paraguay), Oak Ero (Madrid) e Andrea Prado (Bolivia) afrontan a través das súas creacións o tema da ausencia, da anguria existencial pola “despersonificación” do individuo, absolutamente engulido pola sociedade actual. Estas inquedanzas son reflexadas a través de imaxes, fotografía e videocreación, que permitirán ó espectador participar desde diferentes perspectivas dunha realidade da que ineludiblemente xa forma parte.
A inauguración terá lugar no Cenima, este sábado 10 de marzo ás 19 horas. A exposición permanecerá aberta ó público ata o 7 de abril.
Oscilacións
“Non é individuo o que quere, senón aquel que pode facerse recoñecer como tal”.
Celia Amorós
Hai unha preocupación, un afogo, unha mesma dor: a deriva do mundo que arrastra ós
individuos cara ó esquecemento. “A xente morre – e non é metáfora-”, di o escritor Saul Bellow,
“da falta de algo real que levar á casa cando remata a xornada”. E o problema, máis ben, é que
vivimos con esa falta, que nos alimentamos con esa ausencia. E nese percorrido da ausencia que
anega o noso tempo, afastando referentes éticos e morais, despersonificando os suxeitos,
desposuíndoos dunha identidade estable, modificando o mundo e o seu territorio, é onde se
inscriben os discursos visuais dos artistas que compoñen esta mostra.
Diversos formatos e visións articulan un único universo de crítica e significado que
abrangue todas as formas en que se materializa esa ausencia.
Desde o desexo atávico dunha simbiose plena coa natureza, asediada polo formigón, nas
aparicións e intervencións sutís de Oak Ero nos bosques e interiores, ata o tratamento dixital do
material sintético das Barbies para formar o híbrido que é hoxe o corpo da muller, na reflexión
de Andrea Prado.
A pulcra posta en escena que realiza Jesús Fernández Escudero da alienación do
suxeito, a través de personaxes totalmente fóra de lugar, cuxa loita por “humanizarse”, de tan
inútil, provoca compaixón, mesmo angustia. Angustia é tamén o que sentimos ó presenciar a
insistente e eterna busca do rostro humano na peza audiovisual de Álvaro San Román, unha
tras outra van caendo as máscaras, pero no instante decisivo a busca comeza de novo,
aniquilando as expectativas dun achado de realidade, dun recoñecemento.
Tamén Verónica Vicente busca un lugar onde poida recoñecerse o suxeito, e na súa
busca remata por atopar de novo a ausencia, recreándoa ó seu redor cando ó repregarse sobre si
mesma, baixo a mirada indiferente dos outros e o pavimento, desaparece como entidade digna
de atención humana.
Cintia Villavicencio, pola súa banda, afástase do pavimento para situarse e observar
dende o lugar privilexiado da abstracción, onde a descontextualización e recolocación do que
aparece saca á luz a ambigüidade aleatoria das figuras que poboan o espazo, creando así
referencias de sentido azarosas.
Soidade, ausencia, esquecemento, outros tres lugares onde habita o individuo. Lugares
como por exemplo un campo verde, florido, cuxa beleza queda eclipsada pola ausencia de
alguén que a contemple, así nos fala Claudia Mareco do “solitaria que é a vida no planeta dos
homes”.
Isabel de Diego rexistra tamén a ausencia, pero co paso do tempo, invitándonos a ver o
seu paso como luz, como consegue amosarnos que non é posible fuxir dela, a non ser que
afastemos a mirada.
Retratos onde a persoa falta, contradición á que nos afixemos na nosa Sociedade do
Espectáculo, onde o mundo se transforma en imaxes, de modo que con elas abóndanos para
nomear a realidade, así son os “retratos” de Carlos Espinosa, referencias vagas dun mundo sen
rostro propio.
Para rematar, David Catá, decidido a non apartar a mirada, planta cara ó esquecemento
e á tristeza que nos trae a falta dun ser querido, nun exercicio catártico, “facendo carne” o
sufrimento, despréndese fisicamente del dunha vez por todas.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



