Nota de prensa:
O CONCELLO COORDINOU UNHA OPERACIÓN PARA REMITIR AO HOSPITAL AO INDIXENTE QUE LEVA VARIAS SEMANAS VIVINDO NAS RÚAS DE RIBADEO. O OBXECTIVO ERA QUE FOSE SOMETIDO A UNHA VALORACIÓN PSIQUIÁTRICA. FERNANDO SUÁREZ DI ESTAR DECEPCIONADO COMO VECIÑO, COMO PERSOA E COMO ALCALDE, PORQUE ÁS POUCAS HORAS ESTE HOME XA ESTABA DE VOLTA. OS MÉDICOS ASEGURARON QUE É DECISIÓN DESTA PERSOA VIVIR COMO VIVE.
Ribadeo, 9 de marzo de 2012. Os Servizos Sociais do Concello coordinaron esta mañá unha operación para remitir ao Hospital da Costa ao indixente que leva varias semanas vivindo nas rúas de Ribadeo. O obxectivo era que fose sometido a unha supervisión psiquiátrica. O alcalde, Fernando Suárez, amósase decepcionado como veciño, como persoa e mesmo como rexedor porque ás poucas horas este home xa estaba de novo en Ribadeo. Os médicos aseguraron que non ten patoloxía psiquiátrica algunha e que é decisión súa vivir como vive.
Suárez Barcia explicaba que “desde o Concello de Ribadeo, desde a Área de Servizos Sociais, xa levamos tempo tentando resolver ou paliar unha situación desagradable para quen a sufre, para quen a vive. Refírome a este indixente que está en Ribadeo desde hai unhas semanas con circunstancias ás veces pouco desaxables tanto para él como para a propia cidadanía”.
O rexedor de Ribadeo dixo que “hoxe pola mañá, nunha actuación impecable e coordinada desde os Servizos Sociais do Concello xunto con servizos de saúde mental, coa Policía Local e coa Garda Civil, puidemos convencer a este indixente para que fose en ambulancia ao centro de saúde e posteriormente derivado ao hospital para a súa supervisión psiquiátrica. Me produce moita dor ver que de alí a unhas horas esa persoa xa estaba de volta en Ribadeo despois de pasar unha valoración psiquiátrica no hospital. Os servizos médicos din que esa persoa está orientada, que non ten ningunha patoloxía psiquiátrica e que é decisión persoal del vivir como vive e andar como anda”.
Fernando Suárez sinalou que “eu como persoa, porque o alcalde de Ribadeo nin é psiquiatra nin sabe de medicina, estou francamente decepcionado e abraiado, ao igual que o goberno de Ribadeo e os Servizos Sociais do Concello por ver algo así, porque si esta persoa está no seu xuizo algo está a fallar neste sistema. É algo imposible e intolerable. Unha persoa no seu xuízo non está cun fedor impresionante, non lle pega a unha persoa maior como fixo este indixente hai uns días, unha persoa no seu xuizo non mexa por sí e non caga por sí, unha persoa no seu xuizo non cuspe á xente que lle pasa polo lado”.
O alcalde engadiu que “desde o Concello por máis que intentamos levar adiante esta actuación coordinada con outros servizos vémonos na impotencia de non poder determinar o mellor para esta persoa e para a sociedade, porque hai que curar e hai que axudar aos que non se encontran ben, pero tamén temos que preservar unhas certas normas de convivencia que con esta persoa non se están dando”. Fernando Suárez dixo “moi clariño e con moita serenidade que algo falla no sistema para que teñamos asentir como unha realidade rebelada que unha persoa nestas condicións estea en plenas facultades mentais sin que siquiera se someta a un tratamento psiquiátrico, ou estea en observación durante uns días. Estou profundamente decepcionado como veciño, como alcalde de Ribadeo, pero sobre todo como persoa”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



