Nota de prensa
AVV O Tesón
A AVV O Tesón proxectou a primeira pelicula comentada do ciclo de cine forum que continúa o venres
Ribadeo, 20120310
A AVV O Tesón comezou o venres 9 un novo ciclo de catro actividades de cine forum co nome xenérico de ‘Indignados’.
A primeira película comentada foi Taking Root (‘Collendo raíces’), a historia do movemento ‘cinturón verde’ e Wangari Maathai, premio Nobel da Paz, que logrou cambiar a conciencia dun país en relación á natureza e á súa propia cultura, e tivo repercusións sociais, contribuíndo ó cambio de política e de goberno en Kenia.
A participación, que se situou nas trinta persoas, foi importante sobre todo polo intercambio de ideas que se mantivo no foro final, imposible de resumir nunhas poucas liñas máis aló da expresión de satisfacción dos asistentes ou a cita dalgún tema tratado, como a información recibida do movemento cinturón verde e a que se puido palpar na película, a consideración da muller ou a sostibilidade alimentaria e o acaparamento de terras a nivel mundial.
O ciclo continúa o próximo venres no mesmo lugar, o Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo, e á mesma hora, as 20:00, coa proxección de “Una verdad incómoda”, película documental de Al Gore sobre o quencemento global, que cerra a parte máis medioambiental do ciclo, e sará continuada por Inside Job e La doctrina del shock, ambas sobre temas sociais.
Calquera dos venres, a actividade, de participación libre e gratuíta, consistirá nunha pequena charla presentando a película, o pase correspondente, unha animación á posta en común e a propio foro de ideas e sentementos sobre a temática.
Lémbase que ó igual que os anteriores ciclos promovidos pola asociación veciñal, este desenvolverase en catro fins de semana seguidos. As próximas proxeccións terán lugar os venres 16, 23 e 30 de marzo.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



