CAXIGUEIRO NO GAIÁS
A monumental Cidade da Cultura de Galicia, que na cima do miradoiro natural do monte Gaiás, sobre a eterna Compostela, asoma a estructura dalgúns edificios ; dous artistas, que se funden na plástica e na literatura, ofrecen unha exposición singular, engaiolante e didáctica, baixo o expresivo título de “Os ollos das palabras”, que conta con senllas homenaxes a Díaz Pardo e Celso Emilio Ferreiro..
Os artífices do interesante e novidoso proxecto son Daniel Rubal, “Caxigueiro”, recoñecido e premiado escultor-ceramista, mindoniense de nación, afincado na focega parroquia de San Martño. Alí, á beira do Centiño, á sombra das pedras mais que milenarias da pérola histórica e artística que é a basílica, en paraxe bucólico, ten o artista o fogar e o obradorio no que, virxiliano e pacifista, a súa sensibilidade de creador, a través do barro, o ferro e a poesía, expresa os sentimentos, sempre de fondo contido
humán e social, en plena sintonía cos valores que natura espalla ao seu arredor. O dominio da arte plástica permítelle transformar en orixinais obras o que a fibra sensible e a imaxinación perciben, mergullado na variada e rica floresta, que tanto ama, na compaña de Lucas, o inseparable can.
Compañeiro na experiencia pioneira é o poeta e pintor Baldo Ramos, nado na Celanova “dos poetas”, que moi xove comezou a escribir poesía; ten recibidos numerosos premios e publicados unha ducia de libros. Pinta dende hai 20 anos e conta con diversos galardóns.
Na compaña duns amigos visitamos a Cidade da Cultura. Confesamos que nos impresionou: pola súa magnitude, pola armonía e o respeto das edificacións co entorno natural, pola luz e o deseño das espaciosas estancias, pola fermosisima pedra que locen os seus muros etc. e produciunos unha singular complacencia contemplar en marco tan selecto, case que maxestuoso, instalada en lugar prominente do mesmo, da que se editou un pulcro e coidado catálogo, a exposición que comparte o noso veciño e amigo, cuxo prestixio traspasa fronteiras pois, próximamente, amosará a súa obra en Zaragoza. Os nosos parabéns.
Suso Fernández

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



