Nota de prensa
50 nenos do CEIP de Cervo coñecen o servizo do Consorcio Provincial de Bombeiros nunha visita ás instalacións de Viveiro
– O organismo integrado por Deputación de Lugo e Xunta de Galicia resposta, deste xeito, á petición do centro educativo de formar ós rapaces en materia de prevención de incendios
– Xa son 480 os cativos beneficiados desta iniciativa coa que coñecen as pautas a seguir ante emerxencias, a importancia desta prestación, así como a responsabilidade dos bombeiros
– Outros 258 mozos de Viveiro, Cervo e Sarria farano nos vindeiros días logo de que os seus colexios e institutos se puxesen en contacto cos complexos máis próximos a súa localidade
50 rapaces do CEIP número 1 de Cervo desprazáronse este martes ás instalacións contraincendios de Viveiro para coñecer o servizo que presta na provincia o Consorcio Provincial de Bombeiros. O organismo integrado por Deputación de Lugo e Xunta de Galicia resposta, deste xeito, á petición realizada por dito centro educativo co fin de formar ós cativos, dende temperá idade, en materia de prevención de incendios, dándolles conta das pautas a seguir antes posibles emerxencias que acontezan en calquer escenario, así como sensibilizándoos coa responsabilidade destes profesionais e a importancia do seu labor.
A visita destes cervenses ten lugar tras a que, aínda o pasado venres, realizaron neste caso os propios bombeiros de Barreiros ó CEIP Juan Rey, no Concello de Lourenzá, e coa que 123 mozos de dito centro educativo tiveron a oportunidade de participar nun simulacro, ademai de coñecer o modus operandi destes profesionais. E é que, poñéndose en contacto cos propios complexos que integran o Consorcio Provincial -actualmente os de Barreiros, Viveiro, Vilalba, Chantada e Sarria mentres non remata a adaptación do de Monforte de Lemos para a súa vindeira incorporación- os máis de 100 bombeiros recén contratados polo organismo realizan demostracións do traballo que desempeñan na provincia luguesa tanto nas propias instalacións contraincendios como nos centros educativos.
Ata o momento, dende a posta en marcha dos parques de bombeiros, en maio de 2010, 9 centros educativos pediron estas actividades didáctivas para máis de 700 dos seus alumnos. Deste xeito, xunto ós rapaces de Cervo e os de Lourenzá, xa se beneficiaron desta iniciativa 60 cativos do CEIP San Miguel (Barreiros), 43 do CEIP Caselles Rollán (Xove) e 204 do CEIP Covas (Viveiro). Nos vindeiros días, farano outros 100 do CEIP Díaz Freijo (Viveiro), 28 do IES Marqués de Sargadelos (Cervo), 56 da Escola de Educación Infantil de Sarria e 74 do CPR Nuestra Señora de la Asunción tamén do municipio sarriano


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



