A elite nacional de surf compartirá olas cos que se acheguen esta fin de semana ás praias da Mariña
– Os 18 mellores surfers de España convértense en embaixadores da costa lucense por segundo ano consecutivo grazas ó Km0 Surf- Camp Deputación de Lugo
– Ensinarán as súas técnicas ós que se acheguen esta fin de semana ás praias da Mariña, totalmente gratis, incluído o préstamo de todo o material necesario
– Máis de 100 inscricións a falta de catro días de rematar o prazo, a asistencia confirmada de medios nacionais e internacionais e unha ocupación hoteleira próxima ó 100% en lolcalidades coma Ribadeo ou Foz, aseguran o éxito deste evento
Xa queda menos para que dé comezo a segunda edición do Km0 Surf- Camp Deputación de Lugo. Dende o venres 30 de marzo ata o domingo 1 de abril, a cantidade e variedade de actividades programadas converterá á Mariña en capital española do surf, co engadido de que a elite nacional deste deporte compartirá ás súas técnicas con todos os que se acheguen esta fin de semana ás praias luguesas. 14 homes e 4 mulleres, moitos deles campións internacionais, ensinarán totalmente gratis e co préstamo o material necesario, grazas a unha iniciativa da Deputación de Lugo qye tente facer da Mariña un referente do ocio medioambiental e desestacionalizar o turismo da comarca, hoxe centrado nos meses de verán.
De feito, este evento está sendo xa un éxito. Boa mostra disto son as máis de 100 inscricións rexistradas a catro días do inicio do Surf-Camp. Os interesados poderán anotarse nas últimas prazas dirixidas a todos os membros da familia. Polo momento, o máis novo ten 8 anos e o surfer maior chega ós 57, tendo algún deles experiencia previa e outros para os que esta ocasión será o seu bautizo acuático. Non só dende todas as provincias galegas, senón que outros moitos achegaranse a Lugo procedentes de diferentes puntos da xeografía española: Madrid, León, Bilbao, Asturias son algún deles. Todo o necesario para botarse ó auga pódese conseguir facendo reserva previa en www.facebook.com/km0surfcampdeputacionlugo ou no 982 120 064.
Ademais de participantes e afeccionados a este deporte acuático, son moitos os medios de comunicación especializados que teñen confirmada a súa asistencia, atraídos polo número de surfistas do máis alto nivel que se concentrará na Mariña. Publicacións especializadas, coma a hispano–francesa Surf Limit, a brasileña Parafina; bloggers coma El blog de Occy, The Crazy Guecho, A Remojo; webs de surf coma Fuel Surf –a web nacional de surf máis visitada- Surf Galicia; e membros das Federacións Galega e Española de Surf son mostra de que este é un evento único en Galicia. Se ben a nosa Comunidade é escenario dalgúns campionatos de nivel, esta é a única ocasión na que calquera poderá surfear da man de profesionais destacados e recibir as súas ensinanzas mentres goza coa exhibición da súa técnica.
Unha fin de semana chea de actividades
A programación dará comezo este venres ás 19:00 horas no Cine Teatro de Ribadeo, con entrada gratuíta, coa charla que ofrecerá o campión Kepa Acero e na que dará conta das experiencias vividas durante o seu proxecto “Cinco olas, cinco continentes”, que o levou a dar a volta ó mundo en solitario tentando recuperar o espíritu dos pioneiros, tentando surfear olas nas costas de, por exemplo, Perú, Chile ou Alaska. A continuación, o gañador do Punta Galea EVE Challenge 2012, Adur Letamendía, contará “Cómo surfear olas grandes, mi experiencia personal”, isto é, cales son as mellores técnicas para cabalgar sobre olas de máis de catro metros. Acto seguido, ás 20:00 horas, Jaime Azpiroz ensinará ós asistentes como escoller as táboas e quillas tendo en conta o tipo de olas que se queiran surfear, así como as necesidades de cada un. Para finalizar esta primeira xornada, ás 21:00 horas, proxectarase o película “Year Zero”, premiada como a mellor de surf do ano 2011 por www.surfermag.com e como remate do día, celebrarase un sorteo de agasallos entre os asistentes.
O sábado será o día para botarse á auga. Ás 10:00 horas os surfistas inciarán a exhibición da súa técnica, acompañados dos iniciados neste deporte. A praia que será escenario desta expression session darase a coñecer o venres a través de www.facebook.com/km0surfcampdeputacionlugo, xa que dependerá do estado da mar. Xa pola tarde, na praia focense da Rapadoira, a partires das 16:00 horas, haberá unha sesión de multiactividade na que as familias, ademais de surf, poderán practicar outros deportes acuáticos coma kite-surf, paddle surf, scooter, etc. Pola noite o pub Rockuncho, en Ribadeo acollerá, ás 21:30 horas, a entrega de premios ós gañadores desta expression session e ás 22:30 horas unha cena-concerto, coa actuación do grupo galego “Dirty Socks”. Finalmente, o domingo a partir das 12:00 horas e durante toda a mañá, na praia de Esteiro (Xove) celebrarase unha xornada de surf aberta ó público, na que de novo os campións compartirán olas cos principiantes e daranlles consellos personalizados para mellorar desta modalidade.
Campións de luxo
Kepa Acero -un dos free surfer máis famosos, coñecido polas súas viaxes polo mundo, descubrindo olas case imposibles de surfear-; Adur Letamendía -famoso por surfear grandes olas e actual gañador do Punta Galea EVE Challenge 2012-; Jaime Azpiroz, Gony Zubizarreta – o surfista galego máis laureado, gañador da última edición do San Miguel Zarautz Pro e 2º clasificado no Pantin Classic, 17ª na clasificación para o circuito mundial (WQS)-, Pablo Solar -actual seleccionador da Federación Española-, Indar Unanue, Marlon Lipke -un dos poucos europeos que acadaron clasificarse nos primeiros postos do circuito mundial-, Hodei Collazo -clasificado na 2ª posición do circuito mundial junior-, Pablo Gutiérrez -actual campión de Europa de surf-, Iván Villalba, Luis Rodríguez – segundo surfista galego máis laureado de todos os tempos-, Pablo Romero, Jaji Iglesias, Dani Aznar, Lucía Martiño, Erika Franco -ocupa a terceira posición do surf feminino español-, David Sastre, Yoli Rodríguez e Loiola Canales -campiona de España Sub-18 no ano 2011-, son outros nomes dos 14 homes e 4 mulleres que serán embaixadores da Mariña polo mundo grazas á súa presenza nas praias lucenses.
Selección da promesa da Mariña
O evento, organizado pola Deputación de Lugo, conta coa colaboración de todos os clubes de surf da Mariña: ¡Hola!Ola, de Ribadeo; North Shore Surf Club, de Barreiros; Surfiños, de Foz; The Van, de Viveiro; e Sensación Surf Club, de Foz. Estes clubes, que contan con escolas de surf, serán os encargados de escoller a catro surfistas mariñanos que competirán xunto cos profesionais nas diferentes actividades organizadas. Esta elites será a encargada de seleccionar ó mellor deles, que obterá como premio unha esponsorización completa de material durante un ano por parte da Deputación, para poder competir e converterse tamén en embaixador da Mariña.
De feito, este é un dos obxectivos que se pretenden acadar coa celebración deste evento: dar a coñecer a Mariña fóra de Galicia dun xeito diferente e orixinal, xa que deportes acuáticos, coma o surf, que permiten a súa práctica en calquera época do ano son un elemento inmellorable de promoción turística.
Unha afección que aumenta
A existencia de escolas por toda a xeografía mariñana, que contribúen á aumentar a popularidade deste deporte, e o feito de que a Mariña conte cunha veintena de olas de calidade, fan que a costa luguesa se estea a converter en lugar de referencia para profesionais e afeccionados. Tendo en conta, ademais, que moitas destas olas atópanse fronte algunha das 14 praias luguesas que contan coa certificación de calidade medioambiental ISO 14001, a Mariña permite a práctica do surf nun entorno privilexiado. Iniciativas coma o Surf-Camp convértense deste xeito nun elemento de posta en valor da riqueza medioambiental da zona.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
