BERNARDO FRAGA PÍDELLE ÁS VECIÑAS E VECIÑOS DE VIVEIRO QUE FAGAN UNHA RECOLLIDA SELECTIVA AXEITADA “CO ESFORZO DE TODAS E TODOS O CONCELLO DE VIVEIRO PODE AFORRAR GASTOS INNECESARIOS, FACENDO UN CORRECTO EMPREGO DOS CONTEDORES DO LIXO” VIVEIRO XEROU 6.750.000 QUILOS DE LIXO NO ANO 2011.
O Concelleiro de Obras, Servizos Públicos e Mar, o 1º Tenente de Alcalde, Bernardo Fraga, deu a coñecer hoxe luns os datos dos servizos de recollida de lixo orgánico, envases lixeiros e cartón do Concello de Viveiro.
Bernardo Fraga, destacou sobre os demais os datos de recollida de cartón, tanto na recollida porta a porta que realiza o persoal propio do Concello como o dos contedores azuis de recollida de cartón e papel, xa que se incrementou un 20%, chegando a un total de 375.486,00 kg.
Con respeito aos datos da recollida de residuos orgánicos, é dicir, os que van aos contedores habituais de cor verde, que son os que paga o Concello de Viveiro, acumula un total de 6.748.430 kg, o cómputo global diminuiu nun 3%, motivado por un descenso na producción de residuos na práctica totalidade dos meses do ano, agás no mes de setembro que se incrementa considerablemente.
Os contedores de envases lixeiros, conforme aos datos de ecoembes, prácticamente se recolle a mesma cantidade que no ano 2010, superando os 170.000 kg.
Bernardo Fraga, aprobeitou para indicar que a recollida de lixo, lle supuxo un custe ao Concello de Viveiro de 1.178.600€ no ano 2011 e apuntou “ as veciñas e veciños de Viveiro témonos que comprometer a reducir estas cifras, e realizar a recollida do lixo de forma axeitada e responsable, reciclando e empregando cada contenedor para o seu residuo correspondente” “un bo uso do sistema de recollida selectiva, reduciralle costes ao Concello, xa que o mal uso xeralizado do contedor verde para tódolos residuos, supón un incremento do gasto que ten que soportar o concello pola recollida de residuos orgánicos.
DATOS RECOLLIDA DE LIXO, ANO 2011
|
RECOLLIDA DE RESIDUOS URBANOS(kg) |
||
|
|
ano 2010 |
ano 2011 |
|
xaneiro |
538.710,00 |
530.980,00 |
|
febreiro |
478.210,00 |
475.450,00 |
|
marzo |
577.640,00 |
517.610,00 |
|
abril |
574.450,00 |
566.480,00 |
|
maio |
569.470,00 |
542.410,00 |
|
xuño |
595.980,00 |
566.540,00 |
|
xullo |
672.360,00 |
637.460,00 |
|
agosto |
778.400,00 |
736.780,00 |
|
setembro |
514.540,00 |
596.660,00 |
|
outubro |
554.020,00 |
538.520,00 |
|
novembro |
540.830,00 |
509.490,00 |
|
decembro |
562.690,00 |
530.450,00 |
|
TOTAIS |
6.957.300,00 |
6.748.430,00 |
|
RECOLLIDA CARTÓN |
||
|
|
ano 2010 |
ano 2011 |
|
CARTÓN |
270.414,00 |
314.111,00 |
|
Porta a porta |
42.648,00 |
61.375,00 |
|
TOTAIS |
313.062,00 |
375.486,00 |
|
RECOLLIDA DE ENVASES LIXEIROS |
||
|
|
ano 2010 |
ano 2011 |
|
ENVASES |
169.240,00 |
170.060,00 |
|
TOTAIS |
169.240,00 |
170.060,00 |






















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



