Xunta e a patronal pasteira poderían fumigar espazos protexidos cun pesticida recentemente prohibido
10 de abril de 2012. Hai poucos días sindicatos agrarios e apicultores/as denunciaron a intención da Xunta e de ASPAPEL (Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón) de fumigar as plantacións de eucalipto contra o gorgullo cun pesticida nocivo para as abellas. Dase a circunstancia de que o principio activo deste biocida, o fluxfenuron, acaba de ser excluído da lista de produtos fitosanitarios autorizados pola Comisión Europea (decisión da Comisión de 9 de febreiro de 2012) tras a avaliación dos seus riscos. O fluxfenuron é persistente, bioacumulable e tóxico, e deixará de comercializarse a partires do 1 de agosto de 2012. No entanto, a Xunta e patronal pasteira pretenden dar saída aos “stocks” deste veleno con fumigacións masivas nos eucaliptais galegos denantes de que se faga efectiva a prohibición.
Un dos primeiros ensaios pretende facerse este mes no concello de Melide. Para iso, o concello fixo público un bando polo que os propietarios interesados se apunten ao tratamento que se realizará “de xeito totalmente gratuíto”. Dende ADEGA preguntámonos: quen vai pagar entón os custos do tratamento de fumigación das fincas privadas se non son os seus propietarios?
E engadimos: Melide e os concellos limítrofes teñen unha importante superficie incluida na Rede Natura 2000 (LIC do Careón), na que están presentes especies protexidas de insectos como a bolboreta Euphydryas aurinia e o escarabello Lucanus cervus (vacaloura). Estas especies están consideradas de interese comunitario e incluidas no Anexo II da Directiva de Hábitats (92/43 CEE), para cuxa conservación os estados membros deben designar zonas de especial conservación. A maiores, poboacións da bolboreta Zerynthia rumina, considerada en perigo de extinción e do coleóptero Cerambyx cerdo (capricornio das aciñeiras), vulnerábel, poderían verse afectadas polas fumigacións.
Tivo en conta a Xunta a presenza destas especies protexidas, ameazadas e en perigo de extinción nas parcelas fumigadas, incluidas ou próximas aos espazos protexidos?
A fumigación indiscriminada do fluxfenuron en áreas con presenza destas especies pode supoñer un grave incumprimento da normativa europea por parte da Xunta, e constituir un delicto contra o medio ambiente e a biodiversidade, xa que ademais de afectar ás poboacións de insectos protexidos, afectaría de xeito indirecto ás aves insectívoras e morcegos. Por iso, poñeremos en coñecento da Fiscalía Ambiental e da Comisión Europea estes feitos para depurar as responsabilidades da Xunta nestas vergoñentas prácticas.
Dende ADEGA rexeitamos a utilización masiva e sistemática de produtos químicos para combater as pragas pola súa inefectividade demostrada e perniciosos efectos colaterais sobre outros organismos (incluidas as persoas) e o ambiente. O control das pragas debería basearse na prevención, con actuacións localizadas e facendo uso de tratamentos baseados no control biolóxico, que xeralmente son específicos da praga a tratar e non afectan ao resto das especies do ecosistema
Remitido






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



