O CONCELLO CELEBRARÁ O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE CUNHA CLASE DE XIMNASIA PREVENTIVA PARA MAIORES. SERÁ MAÑÁ, 12 DE ABRIL.
Burela, 11 de abril de 2012. O Concello celebrará o día mundial da saúde cunha clase de ximnasia preventiva para maiores, segundo anunciaba este mediodía a concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade.
Diana Durán sinalou que “que mañá, 12 de abril, para conmemorar o día mundial da saúde, que este ano queremos adicar á terceira idade, vaise desenvolver para todos e todas as persoas maiores do noso Concello unha actividade que leva por nome A saúde engade vida aos teus anos: envellecer de xeito saudable, a través da cal os asistentes poderán disfrutar dunha clase de ximnasia preventiva para maiores”.
Haberá tres grupos e tres horarios para participar na actividade. Durán explicou que “o Grupo 1 terá esta clase de ximnasia de 9 a 10 da mañá, o Grupo 2 de 10 a 11 da mañá e o Grupo 3 de 11 a 12 do mediodía”. A concelleira de Sanidade convidou “a todos os nosos maiores a acudir mañá a recibir esta sesión de ximnasia preventiva”.
O lugar de celebración será a praza do Concello, pero “en caso de que o tempo non acompañe trasladaráse á Casa da Cultura”
Remitido






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



