Un especial do Km0 Surf-Camp , prato forte de varios programas de televisión
– Este sábado ás 20:30 horas o programa de V Televisión emitirá un especial sobre a iniciativa da Deputación de Lugo celebrada os pasados días 30 e 31 de marzo e 1 de abril
– A canle internacional de TVE emitirá o vindeiro 21 de abril ás 13:30 horas unha reportaxe sobre todo o acontecido durante a fin de semana que reuniu a elite nacional de surf nas praias da Mariña
– A calidade do evento que reuniu á elite nacional de surf nas praias da Mariña acaparou a atención de medios especializados españois e estranxeiros
O Km0 Surf-Camp Deputación de Lugo será o tema estrela que inaugurará a segunda tempada do programa Ojo de Pez. Durante a fin de semana do Surf-Camp, as cámaras de V Televisión deron cobertura a todo o que acontecía tanto no mar coma fóra del e, este sábado a partires das 20:30 horas, emitirán unha reportaxe especial que recolle os mellores momentos do evento de ocio deportivo e medioambiental que tivo lugar nas praias da Mariña os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril.
Este programa é o primeiro adicado exclusivamente ó surf de todas as televisións do país. A través de reportaxes e entrevistas ofrecen unha ampla cobertura de todo o relacionado co surf nacional e internacional e contan coa colaboración de destacados surfistas coma Gony Zubizarreta ou Jaji Iglesias, profesionais do surf que foron dous dos 19 campións que ensinaron os seus mellores trucos e técnicas a todos os participantes do Km0 Surf-Camp.
Á reportaxe emitida no programa de V Televisión hai que sumar a que a canle internacional de TVE, que a través da súa canle internacional, emitirá o vindeiro 21 de abril, ás 13:30 horas, unha programación especial que recollerá os mellores momentos vividos na costa luguesa durante a fin de semana na que a Mariña foi referencia para o mundo do surf.
Ampla cobertura nos medios de comunicación
Outros medios de información xeral que tamén adicaron parte dos seus espazos a informar sobre este evento foron a cadea de televisión La Sexta, que ofreceu unha reportaxe do Surf-Camp na edición de sábado dos seus informativos e a TVG, que informou das actividades desenvolvidas en programas coma A Solaina ou Revista de fin de semana.
O interese suscitado por este evento fixo que foran moitos os medios especializados, tanto españois coma estranxeiros, que se desplazaron ata os areais mariñanos os tres días de duración do evento. Ata 15 medios de comunicación cubriron en directo as actividades programadas. Publicacións especializadas coma a hispano–francesa Surf Limit, a brasileña Parafina; bloggers coma El blog de Occy, The Crazy Guecho, A Remojo; webs de surf coma Fuel Surf ou Surf Galicia seguiron moi de preto a evolución dos campións e afeccionados no mar e que, en breve, irán ofrecendo reportaxes sobre esta cita. O Surf-Camp estivo presente en diarios da rede coma 20 minutos.es, que.es, diariosigloXXI.com, elperiodico.com, elimparcial.com ou público.es; as edicións dixitais de xornais coma ABC ou La Nueva España; os portais yahoo.com ou msn.com e plataformas de vídeo coma youtube.com ou dalealplay.com cubriron as actividades que tiveron coma escenario as praias da Mariña.
Remitido



















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



