RIBADEO .- (FNC) As Concellarías de Muller e Servizos Sociais, a través do CIM e da Oficina de Inmigración presentarán estes xoves ás 20:30 horas na Escola Municipal de Música unha guía de carácter informativo dirixida ás mulleres inmigrantes do concello de Ribadeo. Segundo aseguran Luisa González e Ana Prieto “na guía que se titula A información fainos libres hai un apartado destinado aos dereitos e deberes laborais, outro sobre os dereitos e deberes documentais, un apartado adicado ás axudas dirixidas ás mulleres e o último recolle os recursos cos que contan na comarca da Mariña, por exemplo Servizos Sociais, CIM, xulgados, Seguridade Social…”.
A guía está redactada en diversos idiomas “que son os que utilizan nos países de procedencia das mulleres inmigrantes. Os idiomas son: galego, español, inglés, ruso, árabe e portugués”.
Ana Prieto e Luisa González sinalan que “nas traduccións hai unha simbiose entre aquelas que foron feitas por tradutores profesionais (pro exemplo inglés, galego, portugués) e as que se fixeron por persoas que viven en Ribadeo e son deses países (caso do árabe). Nestas últimas, se enviaron ao servizo de traducción oficial da Cruz Vermella para que as revisara, pero o que queremos por de manifesto a importancia da colaboración directa das inmigrantes nesta guía”.
O acto de presentación será o 5 de marzo ás 20:30 horas na Escola Municipal de Música. Despois haberá unha degustación de productos típicos de diferentes culturas amenizado por músicas étnicas.





















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



