HOMENAXE CARLOS OROZA POETA
Balbina L. Santos, José M. Moreno, Renata Otero, Villalobo, Gómez de Liaño, B.Morilla, Otero Regal
Acto que terá lugar o vindeiro venres, 27 de Abril ás 20 horas no auditorio e Sala de Exposicións de REGALXUNQUEIRA – Viveiro
Proxectarase o documental CABALUM de Carlos Oroza e un audiovisual do recital no instituto de Redondela. Sirvirase un viño e algo de comer
DO 27 DE ABRIL AO
30 DE XUÑO –2012.
Tódolos días de 10 a 2
e de 4 a 8.
Carlos Oroza, poeta de Viveiro
Carlos Oroza é un poeta auténtico. Hai poucos así; é grande. Creador de verdade. Orixinal. Peculiar. Carlos Oroza, como saben, é de Viveiro. Este periódico publicou o xoves un amplo reportaxe sobre Oroza nas páxinas de Cultura porque o rapsoda galego estrenou un orixinal espectáculo audiovisual esta semana en Vigo no centro cultural de Caixanova, un espectáculo que inclúe o seu videopoema «Eléncar». Bo recitador, por que non podemos ter a posibilidade de desfrutar dos seus versos en Viveiro? Este espectáculo lévao agora por toda Galicia. M.Sande
M. Sande
CARLOS OROZA A O LONXE
Vin o corpo estricto de Carlos Oroza ao lonxe, polas partes altas da Porta do Sol, Vigo. Un nimbo de dignidade e grandeza circunda o individuo. Véñenme á memoria os días (inicio dos anos sesenta) nos que chegaron a Madrid Umbral, Oroza e Novoneyra, ete coa boa nova de María Mariño nos petos da cazadora e norteamericana de vó nocturno. Entraron no Gijón, no maremagnum. Onda as cristaleiras do Gijón, os actores e actrices, entre as cales (coitada) Emma Penella. Nas esquinas do fondo, dúas peñas: a de Buero atribulado e triste e a de García Nieto que daquela exercía de almofadiña dos alfinetes socialrealistas. Contra o valo divisorio, os maxistrados galegos e un Baldomero Isorna que fumaba por pipa. Sen mesa fixa, Carlos Oroza navegaba solto e inaprensíbel.
Naquela, lembro Oroza na oficina de Carandell, Gran Vía por Callao, nun ático. Contempla Oroza cun sorriso os tellados escanastrados das rúas Silva e Libreros: “¡La paramez manchegal!” -exclama Oroza pensando seguramente no mar. Na memoria, logo, Oroza, para un grupo dominado pola emoción, vai modulando en versións diferentes, sempre na alta noite, o poema “Alitalia” en canto as luces de neón da compañía aérea lumbrigan nas alturas. Finalmente, en Vigo, nunha pensión do centro, diante dun mozo cos ollos vendados tras unha operación practicada por Beiras, Oroza canta, apoiado só na música acentual do seu idioma, algunha melopea xenial na que figura a pulsión da morte asociada a José Antonio Primo de Rivera.
Un día Carlos Oroza non resiste e evádese cara o mar. En Vigo ficará para sempre. Pasaba Oroza escutro día, a cabeza alzada, cara a Praza da Princesa. O dono dunha das grandes voces en castelán do século XX e XXI móvese pola paisaxe urbana que lle é propia e respira o ar de Vigo. En el norte hai un mar que es más alto que el cielo. É o título do volume no que se recollen as súas mais valiosas palabras. Lixeiros matices e innovacións insospeitadas e só perceptibeis por os verdadeiros seguidores do posta introdúcense nos antigos poemas que así, resultan renacidos. Asistimos á invención do canto como saíndo das xerfas ou das fonduras do caos, espido e único no mundo. Como en toda poesía grande, na de Carlos Oroza brillan as asociacións e imaxes que nunca antes así foran ditas. Os silencios configuran as nocións imposíbeis. O discurso escrito resulta só unha guía para nos orientar polas veiras do acantilado, do abismo que aloulea. O mito urbano dun Oroza unicamente oral esfarélase coa lectura deste libro que é En el norte… Oroza é sobre todo poeta para decérmolo a nosoutros mesmos no silencio e no apartamento. “Voy a hablar con la fuerza súbita que tengo/ Y celebrando el acto/ Jamás pudiera darse una cuestión tan difícil”. Vin a Oroza camiñar ao lonxe. Seguramente estáballe amosando a cidade a visitantes mortos: Vallejo, Claudio, Larrea, Ginsberg.
CARLOS OROZA
Carlos Oroza é un poeta en lingua castelá, naceu en Viveiro, Lugo, en 1933. É coñecido principalmente pola interpretación e performance da súa propia obra. Dita obra é escasa, frecuentemente reescrita e baseada en poemas de versos libres cun gran predominio do ritmo. É poesía para ser escoitada xa que o poeta declárase a favor da oralidade considerando aos libros “cemiterios de signos”.Nos anos sesenta fíxose famoso no ambiente literario-poético grazas á realización de múltiples recitais por toda España, adscritos en forma e contido aos da Xeración Beat. Son múltiples as entrevistas que lle nomean o Allen Ginsberg español. Francisco Limiar escribiu del que “[Carlos Oroza] era o poeta maldito do café Xixón, o bohemio do sesenta”. Nesa época fundou, xunto a Víctor Lizárraga e Vitoria Paniagua, a revista Tropos. Outorgóuselle en Nova York o premio internacional de Poesia Underground. Despois de vivir en Madrid, IBIZA e EE.UU. actualmente reside en Vigo. Recibiu diversas homenaxes sendo o máis destacado que un instituto de Ensino Secundario de Redondela que leve o seu nome, CIFP Carlos Oroza. Premio da Fundación Laxeiro, Homenage e publicación Audiovisual do MOMA de Vigo Tres centros educativos dá zoa de Vigo levan ou seu nome Escola superior de Hostelería de Vigo, Instituto de Pontevedra e Cangas .
O MELLOR RAPSODA DE EUROPA
En canto aos vivos, e falando dos preferidos das deusas, qué é de Carlos Oroza?
Manuel Forcadela, o seu grande amigo, adicoulle un poema que ten ese ton murguiano de admirado e pícaro reproche: Apúntaste o primeiro a ter trato coas deusas / e logo cando partes xa cansas se retiran / sen folgos de atender outros cantores. E remata dicindo: Por qué, Carlos Oroza? Por qué, bandido errante?.
Para non poñerme enciclopédico, vou situar a Carlos Oroza co retrato telegráfico que del fai Carlos Tena e que eu apaño nun lugar estraño, como debe ser. O sitio Corriente Roja. Escribe Tena: “Carlos Oroza, poeta mágico, gallego, único y genial, es sin duda el mejor rapsoda que existe en Europa. Sus recitales a mitad de la década del sesenta eran tan imponentes que, al finalizar su intervención, salía del escenario como un torero, a hombros de los estudiantes. Posee un lenguaje de una originalidad sin medida, el carisma del océano. Oroza es como una ola gigante, profunda y azul, de consecuencias imprevisibles, “donde puedes naufragar para siempre o ser arrojado a las playas más dulces del globo”.
A maior honra de Carlos Oroza, non moi amigo do paseíllo taurino nin coleccionista de tardes de gloria, hai que dicir que non sempre saíu dos recitais a hombros de estudiantes. Mesmo estivo a piques de saír linchado. Ocorreu no 1975, no Teatro Malvar, en Pontevedra, nun acto cultural convocado polo Casino. Aínda vivía Franco, aínda tiña pulso para asinar penas de morte. E tocoulle recitar a Carlos Oroza. Aló vai el, atreveuse con Se prohibe el paso. Ía contra o chamado Desfile de la Victoria. Penso que é o mellor poema antifranquista que coñezo.
“EN ESTE LUGAR SE CELEBRA EL CRIMEN CADA AÑO…”
Un grupo de brutáns foi a por el. Queríano matar. Entón dous amigos, os irmáns Manolo e Ánxel Vázquez de la Cruz, tiveron o reflexo de acudiren ao escenario e presentarse como policías da secreta. Levárono detido. Dando voces. Arrastro. Así, como nunha comedia de Ernst Lubitsch salvouse Carlos Oroza
Hai tempo que non vexo a Oroza, mais podo oír os seus pasos como se o poeta underground, o noso Allen Ginsberg, andara por riba de nós, pisando nas madeiras no sobrado do ceo. Cito a Ginsberg, o autor do Ouveo, como referencia histórica, pero Carlos Oroza (nado en Viveiro, en 1933) dálle mil voltas como bardo recitador. Entre os episodios pouco coñecidos da súa vida lendaria, está o paso do poeta por Nova York. Ficou como un feitizo oral gravado na memoria dos americanos que tiveron a sorte de escoitalo. A igual que fixera coa illa de Ibiza co poema Malú, fixo levitar Greenwich Village co poema América.
“Y América ya no recibía calor. América estaba crucificada Y no había conseguido avanzar ni un
milímetro tan solo”
Pasou necesidades. Fame. Nunca se queixou nin lle dedicou a adversidade persoal a atención dun verso. Puxéronlle o seu nome a un instituto de Pontevedra. O Carlos Oroza ten unha magnífica escola de hostalería: a Vida, que é unha cachonda. Na colección Tambo, dirixida por Luis Rei Núñez, publicaron a poesía (case) completa co título En el norte hay un mar que es más alto que el cielo. Dedicáronlle un programa en Por amor á arte, na TVG, realizado por Antón López, unha xoia de video-creación que só puideron ver, pola hora, os somnámbulos . Segue a practicar por Vigo o paseo ás ceibas, o walkscape, como Tristan Tzara por Zurich. El escribe graffitis no ar. Un día dixo: “Non hai razóns para suicidarse, pero tampouco para seguir vivindo”. El anda. E constrúe os poemas coa enerxía alternativa dese andar ceibo. Non coñezo auto-poética comparábel á enunciada por Carlos Oroza nunha frase puída e precisa como unha semente: “Las palabras sueñan que las nombro”. Oroza, insobornábel poeta. Por iso quéreno as palabras. E as deusas.


















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



