O BNG CHAMA A MOBILIZARSE O 1º DE MAIO EN DEFENSA DO EMPREGO E DOS SERVIZOS PÚBLICOS
Veiga esíxelle a Balseiro que “exerza de mariñao e non de comisario político do PP”
Os nacionalistas afirman que o PP pretende converter a sanidade e a educación nun artigo de luxo
Lugo, 30 de abril de 2012. O Bloque Nacionalista Galego chamou hoxe a participar da mobilización que a Confederación Intersindical Galega ten convocada para mañá, 1º de Maio, Dia do Internacionalismo Proletario, ás 12:30 en Mondoñedo, con saída desde a antiga ECAR, unha das empresas da Mariña que foi vítima dos ERES que sacudiron a nosa Comarca nos últimos meses.
Segundo afirmou o Portavoz Comarcal do BNG “ o 1º de Maio deste ano ten unha significación especial, tanto no plano temporal como no plano xeográfico. No plano xeográfico por ser A Mariña, e nomedamente a súa area central un dos territorios de Galiza máis golpeados pola crise, pero tamén, porque este Dia do Internacionalismo Proletario celebrase no marco dunha xestión da crise que está a destruír emprego a velocidade cruceiro e a eliminar o miserábel Estado de Benestar que conquistaramos en Galiza”.
Antonio Veiga chamou a “ unha participación masiva na xornada de mañá para esixirlle ao Goberno da Xunta e do Estado unhas políticas distintas que permitan a creación de emprego e de xeito moi particular unha chamada á Xunta de Galiza para que cumpra os compromisos adquiridos coa Mariña coincidindo cos ERES de Ecar e Hermida, onde o Goberno Galego comprometeu medidas de acompañamento social e accións industrializadoras na nosa zona”. “O noso problema non é o deficit, senón o emprego ”, afirmou Veiga quen lembrou os dados de desemprego que ven de facer públicos a EPA e que nalgunhas fraccións de idade coma do colectivo de 16 a 30 anos a taxa de paro en Lugo situase por riba de 32%.
O Responsábel Comarcal do BNG esixiu “ a paralización por parte de Rajoy e Feijoo das súas propostas en materia sanitaria, educativa e dos servizos sociais. Nos tres casos estamos diante dunha involución sen precedentes pero que responden a mesma lóxica, isto é converter os servizos públicos en artigos de luxo, só ao alcance de quen teñen diñeiro. As propostas de copago en materia sanitaria, con especial participación nos pensionistas e nos menores de 27 anos, precisamente os colectivos onde os índices de pobreza é maior, a suba das taxas no ensino superior, para expulsar do mesmo aos fillos das clases populares, ou o novo modelo de financiamento dos servizos sociais, cunha suba de case do 100% para os usuarios e a eliminación dos mesmos noutros casos, indícanos para quen Goberna o PP”.
O dirixente nacionalista saíu ao paso das declaracións do Deputado do PP Xosé Manuel Balseiro a quen lle indicou que “as súas palabras non fan máis que darlle a razón ao manifestado polo BNG e tamén recoñecido polos propios alcaldes do PP respecto a que a Xunta de Galiza desentendese do financiamento da axuda no fogar básica e dos equipamentos sociais naqueles Concellos de menos de 20.000 habitantes”. “É unha vergoña que Balseiro non exerza de mariñao senón de comisario político do PP”, continuo Veiga quen recordou que “o Goberno de Feijoo está a poñer en risco non só a atención aos nosos maiores na totalidade dos Concellos da Mariña, os mesmos alcaldes do PP están demandando pola vía do Plan de Cooperación traballadores para prestar este servizo, senón que ameaza de feche escolas infantis como as de Viveiro, Vicedo, san Cibrao, Xove e Barreiros que representan máis de 200 prazas e tamén aqueles centros de maiores de titularidade local. O PP non só abandona a quen máis o precisa senón que con estas medidas vai provocar unha importante perdida de emprego naqueles traballadores vinculados a estes servizos”.
Remitido



















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



