Marful apura os últimos concertos da Xira Surreal e sobe ao norte, ao templo referencial da industria galega : a Fábrica de Sargadelos.
Venres 4, ás 20:30h na Fábrica de Sargadelos (Cervo)
Marful entra no templo da arte fabril galega: a Fábrica de Sargadelos.
A Fábrica poderá visitarse durante a mañá (até as 14h).
A presenza musical de Marful comezará ás 20:30h en punto e rematará ás 22h.
Ao remate, artistas e público poderán degustar unhas tapas en Cervo, ofrecidas pola S.D. Cervo-Sargadelos e a Asociación Cultural Airiños do Xunco, preludio da Festa do Porco que terá lugar ao día seguinte.
Esta actividade é posíbel grazas á colaboración do Concello de Cervo, a Fábrica de Sargadelos e grazas ao público.
Aforo limitado (40 persoas). Entrada 15 euros. Reserva de entradas no Concello de Cervo ou aquí
Xira Surreal: “MARFUL é o mellor que lle puido pasar á música galega nestes últimos 10 anos!”, din os fans do grupo.
Marful revolucionou a música galega, convertíndose nun grupo de culto entre a intelectualidade do seu país. Entre a paixon que conversa coa calma.
Sempre na vangarda, son desbrozadores e exploradores de novos camiños para eles, para outros.
Marful souberon situarse no panorama nacional (mellor disco do público no 2006) e internacional (Feira da Habana,Festival de músicas do mundo de Sines, Celtic Connections…) e sobre todo en lugares insólitos en casas que sorprenden. Poden estar sonando en Miami, na alcaldia de Salzburgo, nunha casa Okupa de Berlín, nunha bodega italiana, nunha radio de Austria, ou nunha empresa de Japón. Por motivos distintos o seu disco autoeditado e fisicamente voa sen asas. En espazos próximos e delimitados son e foron increibelmente o primeiro grupo en representar a Galiza no Womex 2007 e o único grupo que ten tocado no templo da música portuguesa, a Casa da Música de Porto.
.
Un dos mais grandes guitarristas de flamenco Marcos Teira, o mestre do acordeón diatónico Pedro Pascual, o exquisito clarinetista Pablo Pascual e a voz que arranca das entrañas e lembra debilidades, Ugia Pedreira. Os 4 conforman este arquipélago de existencias musicais: Marful.
Porque non hai máis crise cá das ideas e o mundo é dos “valentes, que ensinan os dentes”, Marful arrinca este 2012 cunha xira chea de beleza e cariño. Un percorrido polos lugares máis paradisíacos da xeografía galega. Unha proposta de achegamento ao público do país porque “Sempre hai público para unha boa música. Sempre hai corazón para un bo sentimento”.
Namorados do patrimonio civil e da arquitectura, como o mostran nos seus discos, deciden e elixen os lugares donde atoparse en cadeas persoais singulares, espazos únicos e momentos exclusivos. Desfrutando da poética e historia dos espazos a través do potencial maior, a emoción que move o mundo: o amor. A poesía e o amor extensíbel a toda forma de vida.
Marful confía plenamente no público galego mais alá dos palcos dos teatros e auditorios, que tamén. Do público que acepta desfrutar do reducido, das pequenas cousas. Marful elixe aventurarse e achegarse á xente en lugares singulares, unindo turismo cultural e música, combinando o sano minifundismo galaico con ideas sociais avanzadas.
Soñando e xogando a vida en cada actuación, estas “presenzas musicais” de Marful tratan dun coñecemento sobre eles mesmos e sobre os seus oíntes cos que desexan fundar, se é posíbel, relacións máis profundas que a aparencia. Por iso lles ofrecen a súa presenza próxima, nun formato coidado e exclusivo, para que dunha maneira íntima e atenta os poidan escoitar cantar, tocar, falar, respirar, degustar, emocionarse e suar.
Nesta “Xira surreal” Marful percorrerá mosteiros, illas, muíños, conserveiras, museos, granxas, bodegas, pazos, torres, fervenzas, castelos, fábricas… ofrecendo en cada espazo o mellor de si: a súa música, a súa presenza. E, de acompañamento, os mellores produtores e produtos gastronómicos de cada zona, arredor dos que se atoparán artistas e público. Os aforos serán limitados; as músicas e as presenzas non. Ofrecerán o mellor dos seus dous discos e algunhas xoias a maiores, e partillarano todo coa maxia dos diferentes lugares, en acústico ou semiacústico.
www.folque.com

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



