O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR no Concello de Viveiro a través do seu portavoz Antonio José Bouza Rodil en base á lexislación vixente, presenta a seguinte
MOCIÓN RELATIVA AO MANTEMENTO DO NIVEL DE INVESTIMENTO NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS
que se basea nesta
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Goberno Central de Mariano Rajoy asumiu o poder co firme compromiso de reducir o déficit público en 2012 ata o 5,3% fronte ao 8,51% herdado dos socialistas que equivalía no 2011 a un buraco de 91.344 millóns de euros nas contas públicas e a unha débeda que alcanza os 734.961 millóns. Ante esta situación, os orzamentos deben caracterizarse polo seu realismo, a súa rigorosidade e a súa credibilidade.
Esta austeridade e necesidade de axustes á que se veu abocada o goberno central trala xestión dos socialistas, provoca que os novos presupostos inclúan que a partida íntegra do Plan de Obras e Servizos se destine a sufragar as débedas deste plan a entidades locais, pero non inclúa unha nova achega para a anualidade de 2012.
Porén isto non significa a falta de colaboración do Goberno central cos entes autonómicos e locais. Tanto é así que o financiamento local, incluídas as Deputacións, incrementouse en 1.130 millóns de euros entre 2011 e 2012, unha cantidade moi superior aos máis de 83 millóns que recollía a partida do POS no 2011. Este incremento débese a que o Goberno central aprazou as devolucións do sistema de financiamento de 2008 e 2009 de 60 a 120 meses. O Goberno non só duplicou o prazo de devolución senón que ademais incrementou a financiamento local e os instrumentos (IBI, créditos privilexiados no ICO, plan de Pago a Provedores) para que estas administración puideran financiarse.
En momentos de clara necesidade de axustes, a optimación dos recursos pasa pola coordinación e polo necesario entendemento entre administracións que evite as duplicidades na oferta de servicios e mostre cooperación. Dado isto e ante a necesidade de continuar cun plan que non só permite a mellora na calidade de vida dos lucenses senón que tamén permite xerar emprego, a actitude da Deputación provincial deberá ir encamiñada a asumir o compromiso, na medida das súas posibilidades, de evitar a reducción orzamentaria deste plan.
A Deputación provincial conta coa dispoñibilidade orzamentaria suficiente para asumir ao igual que teñen previsto as restantes Deputacións galegas a partida que non achega o Goberno central.
Así por exemplo os orzamentos da Deputación provincial recollen partidas que permitirían cumprir co obxectivo de manter o investimento do POS, tal é o caso dos máis de 2.000.000 de euros do Plan de Cooperación con Entidades Asociativas, Agrupacións e Asociacións Veciñais, plan posto en marcha durante o goberno popular na Deputación e que o PSOE e o BNG cualificaba daquela de corrupto, caciquil e clientelar. Outro exemplo do que podería botar man a Deputación é a partida do Plan de Pequenas Obras de Infraestrutura, suprimida este ano dos orzamentos e que no 2011 ascendía a máis de 1.072.000 euros. Unha cantidade esta última, que segundo argumentaron en pleno, foi reorientada ao plan de fomento do emprego, postos de traballo que se lograrían coa inversión no plan do POS.
Ante o exposto e para evitar a redución na licitación de obras públicas, propónselle ao Pleno da Corporación local a adopción dos seguintes
acordos
1.- Instar á Deputación provincial de Lugo a que reoriente unha porcentaxe da partida orzamentaria destinada ao Plan de Cooperación con Entidades Asociativas, Agrupacións e Asociacións de Veciños a manter o investimento do Plan de Obras e Servizos, evitando así a redución de obras públicas locais e conseguindo a maior eficiencia posible no emprego de recursos durante unha época caracterizada por unha difícil situación económica
O que se traslada ó Pleno da Corporación Municipal ós efectos indicados, en Viveiro, a 8 de Maio de 2012.




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



