O goberno do Concello de Foz anuncia o arranxo de estradas no Bispo Santo, Mañente e Vilarone.
O goberno do Concello de Foz, que dirixe o popular Javier Jorge Castiñeira ven de anunciar o inicio inminente do arranxo das estradas que van desde o Bispo Santo a canteira e desde os invernadoiros (Mañente) a estrada Reiriz-Espiñeira na parroquia de Vilarone.
Según nos manifesta Fernández Manín, responsable das areas de Medio Rural, Mar e Obras , vanse inverter preto de 60.000,00 euros, sendo financiadas pola Consellería de Medio Rural e Mar da Xunta de Galicia. Estas obras foron adxudicadas pola Sociedade Pública de Inversións (S.P.I.) a empresa construcións e canalizacións José Saa Saa. Os traballos consistiran na limpeza de cunetas, rebacheo e reforzo das veiras e firme con dúas capas de asfalto e selado das mesmas.