O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, interesouse no Parlamento polos apoios previstos na provincia lucense neste plan de discriminación positiva do Goberno galego
O IMPULSA LUGO DA XUNTA FACILITARÁ A CAPTACIÓN DE EMPRESAS ACUÍCOLAS QUE QUEIRAN INSTALARSE NESTA PROVINCIA
O director xeral do IGAPE confirmou no Parlamento que aquelas empresas que desenvolvan os seus proxectos na provincia lucense poderán beneficiarse das axudas da Consellería do Mar e de apoios específicos como as axudas para a internacionalización e os apoios de XesGalicia
Santiago, 10 de maio de 2012.- O director xeral do IGAPE, Javier Aguilera, confirmou a preguntas do portavoz popular do Mar no Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, que o plan Impulsa Lugo da Xunta incorpora ao sector da acuicultura dentro do seu plano estratéxico de oportunidades o que permite que as ás empresas que se instalen nesta provincia poidan recibir unha seria de apoios específicos a maiores dos que xa teñen a través das axudas da Consellería do Medio Rural e do Mar.
Así, por exemplo, segundo explicou o director xeral do IGAPE, o Impulsa Lugo facilitará a captación de empresas acuícolas que teñan interese en desenvolver os seus proxectos empresariais na Mariña lucense e facilitará que reciban subvencións específicas en materia de internacionalización dos seus produtos ou de avais cualificados para impulsar os seus investimentos a través da empresa de capital risco XesGalicia.
MELLORES OPORTUNIDADES
O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, valorou moi positivamente estes apoios e sinalou que aquelas empresas que desexen crear postos de traballo e xerar actividade económica na provincia lucense teñen mellores oportunidades para facelo e acceso a condicións de financiamento moito mellores. Sinalou finalmente que os esforzos do Goberno galego por desbloquear a acuicultura serán especialmente beneficiosos para a provincia lucense.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



