O CONCELLO APROBOU A FORMALIZACIÓN DUN CRÉDITO POR IMPORTE DE 1.100.000 EUROS PARA EFECTUAR O PAGO A PROVEEDORES. A RELACIÓN DE FACTURAS VÍUSE REDUCIDA DESPOIS DOS TRÁMITES ADMINISTRATIVOS QUE TIVERON QUE REALIZAR AS EMPRESAS AFECTADAS. GONZÁLEZ BARCIA NON ENTENDE A ABSTENCIÓN DOS PARTIDOS DA OPOSICIÓN E PÍDELLES QUE SE EXPLIQUEN CON CLARIDADE.
Burela, 11 de maio de 2012. Hoxe celebróuse no Concello de Burela un pleno extraordinario e urxente para proceder á formalización dun crédito co fin de efectuar o pago a proveedores. Só o PP votou a favor, mentras que o Grupo Mixto e o PSOE abstivéronse. O alcalde, José Mª González Barcia, pídelles que expliquen claramente esta postura. O rexedor non entende que non acudiran á sesión na que se aprobou o plan de axuste e que agora tampouco apoien o pago a proveedores.
O rexedor dixo que “como se sabe nós presentamos unha relación de facturas no seu momento por importe de 1.320.000 euros e despois dos pertinentes trámites administrativos realizados, ou non realizados neste caso, polos distintos proveedores esa débeda quedou reducida a 1.100.000 euros”. E explicou que “o que se fai é formalizar un crédito, se da autorización para realizar esta operación. Nós teremos que abonar ese importe en 10 anos, os dous primeiros só se pagan intereses e nos oitos restantes se abonan intereses máis capital”.
O alcalde burelés calcula que “a finais de mes teremos prácticamente pagado todo o que se lle adebeda aos proveedores, ese 1.100.000 euros, cifra á que quedou reducida a relación de facturas. As outras facturas sí que haberá que pagalas, pero quedan á espera e non entran nesta operación de pago inmediato a proveedores”.
A José Mª González Barcia chámalle a atención a actitude mantida polos grupos políticos da oposición, “PSOE e Grupo Mixto, de forma un tanto sorprendente abstivéronse. Non o entendemos, porque a impresión que da é que aquelas persoas que nos levaron a esta situación agora non teñen ningún interés en pagarlles aos proveedores, e esto non deixa de ser un tanto chocante porque deberían explicar de forma axeitada cales son os motivos polos que non lles interesa que lles paguemos aos proveedores”. Para o alcalde de Burela todo ten unha explicación, “a cousa é moi sinxela, esta xente xa no seu momento non acudiu ao pleno extraordinario para aprobación do plan de axuste. Naquel momento non viñeron porque era moito máis importante pelexar pola folga que defender os intereses do Concello de Burela. E hoxe resulta que viñan preguntando cousas asombrosas e dicindo que non tiñan información cando resulta que toda a información que se enviou a Madrid a teñen no seu poder, tanto a relación de facturas como o propio plan de axuste. Eles terán que explicar o por qué da súa abstención”.
Barcia considera que “non lles gusta esta solución, non hai outra, pero non plantexan alternativa algunha. Eu quero pensar que a alternativa deles pasa por comportarse como o están a facer os grupos da oposición en Foz, que non lle deixan actuar ao equipo de goberno. Aquí non se da o caso e o PP sacou adiante esta operación cos seus únicos votos. Os argumentos dados pola oposición foron inexistentes. Non se entende que non viñeran ao pleno do plan de axuste e que tampouco apoien o pago aos proveedores”.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



