CINCUENTA E UN BARES, MESÓNS E RESTAURANTES PARTICIPARÁN NA SÉTIMA EDICIÓN DO RIBADEO DE TAPEO, QUE CHEGA O VENRES CARGADA DE NOVIDADES E DE ACTIVIDADES, “PARA FACER MÁIS ATRACTIVA ESTA CITA”, SEGUNDO ANA MARTÍNEZ.
Ribadeo, 14 de maio de 2012. A sétima edición do Ribadeo de tapeo quenta motores. O concurso gastronómico, que se desenvolverá do 18 ao 27 de maio en 51 bares, mesóns e restaurantes, ven cargado de novidades e de actividades para facer máis atractiva esta cita, segundo a concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez.
A edil nacionalista considera que o Ribadeo de tapeo “é unha cita imprescindible na Mariña lucense para degustar as propostas da cociña en miniatura que farán os bares, mesóns e restaurantes na vila e nas parroquias. Son 51 as tapas que se presentan a este concurso gastronómico, que durante 10 días, do 18 ao 27 de maio, se poderán saborear nos establecimentos participantes acompañadas de bós viños”.
Ana Martínez subliñou que “este ano podemos contar cunha proposta feita polos hoteis denominada Soños gastronómicos. Así se integran no tapeo presentando este proxecto que inclúe un 15% de desconto nas pernoctacións, un agasallo gastronómico e ademáis os clientes poderán optar a gañar noites de hotel en Ribadeo participando na ruta de tapeo express”.
O Ribadeo de tapeo sorteará agasallos entre aquelas persoas que percorran 20 bares e restaurantes saboreando as súas tapas e que o acrediten presentando as súas cartulinas seladas, e “tamén haberá o premio ao larpeiro de ouro, que sairá de entre aqueles que proben todas as tapas desta cita, e que optarán a outro tipo de premios”.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo sinalou que “neste 2012 o Ribadeo de tapeo ven cargado de actividades, como concertos, o II Cumio de cociñeiros de Asturias e Galicia cun show-cooking que haberá os días 22 e 23 de maio e no que participarán catro cociñeiros con estrellas Michelín. O acto está organizado pola Reserva da Biosfera, pero integrado neste concurso gastronómico. Tamén haberá a Semana Larpeira da Asociación Casa das Letras, contaremos cun contacontos itinerante O Corazón de Lolo da Cruz Vermella…”. E engadiu que “son unha serie de actividades que farán moi atractivos estes 10 días do Ribadeo de tapeo, aos que queremos convidar a toda a xente da Mariña, do Occidente de Asturias e do resto dos lugares desde os que se queiran achegar a disfrutar de Ribadeo, da súa gastronomía, da súa paisaxe, en definitiva a compartir uns días con nós”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



