A Fundación TIC edita o CD do grupo monfortino “La Cuarta Pared” que se presentará en xira por Galicia no verán
– Val Alonso entrega ó líder da banda 1.000 copias do traballo incluído en “Son Lugueses”, a colección de proxectos musicais que edita e financia a TIC en apoio ós artistas lugueses
– Baixo o nome de Supervivencia, o disco recolle dez temas de música alternativa do monfortino Caetano Vázquez que, proximamente e en 1º lugar, presentará na súa cidade
O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, así como Patrono da Fundación TIC, José Ramón Val, presentou este mércores nas instalacións do Centro de Produción e Programas o CD Supervivencia, que recolle dez temas de música alternativa do grupo de Monforte de Lemos “La Cuarta Pared”. É o último traballo musical incluído en “Son Lugueses”, a colección de proxectos musicais editados e financiados na súa totalidade pola TIC para impulsar ós artistas lugueses.
Val Alonso entregou 1.000 copias do CD, grabado nos estudos de Miño Medio, no Concello do Corgo, ó lider da banda monfortina, Caetano Vázquez. O músico xa ten previsto presentar, proximamente, este traballo discográfico na súa cidade natal. Durante o verán, levará as súas propostas musicais por toda Galicia nunha xira que tamén teñen pechada.
O grupo musical La Cuarta Pared naceu como dúo acústico a mediados do 2007 en Monforte de Lemos. Dende os seus comezos, o proxecto musical dirixiuse ás actuacións en directo con cancións propias e son sinxelo, pero depurado. En 2009, a formación musical dá un xiro e convértese nun proxecto en solitario de Caetano Vázquez, que dá a “La Cuarta Pared” un enfoque máis creativo do que xorde a gravación de Supervivencia. Ademais deste proxecto musical, Vázquez está vencellado a outros grupos lugueses como Lefauxboheme, co que se iniciou no mundo da produción musical; FX, The Base-Ick e Vera Lynn, cuxa presentación tivo lugar o pasado 12 de maio, durante a homenaxe a Pink Floyd celebrada en Salcedo, na Pobra do Brollón.
Apoio ós artistas da provincia
A Fundación TIC presta a súa colaboración ós músicos lucenses co fin de difundir o seu traballo dentro e fóra da provincia. Ese é o obxectivo do proxecto que deu lugar á colección “Son Lugueses” na que se inclúen, entre outros, traballos discográficos das Bandas de Música de Vilalba e Sarria ou o himno oficial do Arde Lvcvs, da Cohors III Lucensium, que xa foron entregados ós seus membros.
Neste senso, profesionais e bolseiros da TIC realizaron varios vídeos musicais como “Torres de Compostela”, da eurovisiva Lucía Pérez, que contribuíu á promoción da provincia de Lugo, ou “La búsqueda” e “New conclusions”, dos grupos ribadenses “Escala Dinker” e “Sun Face”, ademais do grupo de O Incio “Arandela”, de música tradicional, entre outros. Tamén ven ofrecendo apoio en varios festivais de música como o “Festival Solidario de Baganda”, celebrado no 2010 en Castro de Rei; o “Resurrection Fest 2011”, o “Hardcore Assault” e a Canción do Landro, en Viveiro, este último gravado por alumnos e bolseiros da TIC para a súa emisión en “V Televisión” e na segunda canle da TVG.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



