Limpeza simultánea de praias no Día Mundial dos Océanos 2012
O venres 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos. Con tal motivo, ADEGA convoca a todas as entidades interesadas a unirse nun evento de reivindicación e educación ambiental contra a contaminación mariña. Este día diferentes grupos de toda Galiza, participarán na limpeza simultánea de praias, nas tres provincias costeiras. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, asociacións de todo tipo ou grupos de particulares estades chamados a limpar as nosas praias e denunciar os graves problemas ambientais do lixo nos maresesta problemática ambiental. ÚNETE A NÓS E LIMPA A TÚA PRAIA!
A maioría dos residuos inorgánicos que producimos e consumimos non teñen unha xestión axeitada. Moitos deles rematan incinerados, en vertedoiros ou o que é peor, nos mares. Unha elevada porcentaxe do lixo que atopamos nas praias provén de zonas do interior, que, sumado a outros vertidos acadan as 7 toneladas de plástico que cada ano rematan nos océanos.
Alén do seu impacto visual os residuos plásticos no mar son un grave perigo para a fauna mariña. Moitos animais acaban enredados en bolsas, sacos, redes, etc., o que habitualmente provoca a súa morte por asfixia ou por vulnerabilidade ante as súas presas. A fauna mariña inxire plásticos confundíndoos con alimento o que finalmente provoca tamén a súa morte.
Outro dos problemas máis graves é que o plástico acaba reducíndose en pequenos anacos que son inxeridos por peixes que finalmente rematarán nos nosos pratos. Isto fai que os compoñentes prexudiciais e perigosos que conteñen os plásticos pasen aos seres humanos, afectando directamente á nosa saúde.
A mellor maneira de actuar ante este problema é reducir o noso consumo de plástico, reutilizar o máximo posible e reciclar. Porén, para conseguir un cambio nos hábitos de consumo tamén precisamos dun cambio de conciencia.
Facemos unha chamada á poboación para conseguir unha masa crítica que se achegue ás praias o Día dos Océanos, e consiga por unha banda mellorar o estado das nosas costas pero sobre todo encetar unha necesaria mudanza da conciencia cidadá.
Se estás interesado/a en participar ponte en contacto con nós:
Localización: Praias de toda Galiza
Contacto: Lucía Parente, lucia@adega.info ; tlfs: 981570099; 669806908.




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



