O TRAZADO DO GASODUCTO AO SEU PASO POR BARREIROS NON SE MODIFICARÁ. ASÍ LLO FIXO SABER AO ALCALDE ESTA MAÑÁ EN MADRID O SUBDIRECTOR GENERAL DE ENERGÍA. UN POSIBLE CAMBIO, SEGUNDO SERGIO LÓPEZ, OBRIGARÍA A UNHA NOVA TRAMITACIÓN E OCASIONARÍA UN IMPORTANTE RETRASO NESTA INFRAESTRUCTURA.
Barreiros, 21 de maio de 2012. O Ministerio de Industria asegura que non hai posibilidade de modificar o trazado do gasoducto ao seu paso por Barreiros. Así llo comunicou esta mañá ao alcalde, Alfonso Fuente, o subdirector general de Energía, Sergio López. Agora o proxecto seguirá a súa tramitación.
Fuente Parga mantivo un encontro con López Pérez esta mañá en Madrid no Ministerio de Industria, “eu viña trasladarlle o sentir dos veciños e o que se acordou nunha asamblea, que é a disconformidade co trazado, ver a posibilidade de varialo e que eso non supuxese retrasos nin para subministrar de gas aos concellos de A Mariña nin tampouco a Alcoa, pero él díxome que non había ningunha posibilidade de modificar ese trazado. O proxecto será enviado desde Industria ao Ministerio de Medio Ambiente para seguir a súa tramitación habitual”.
O rexedor sinalou que “desde a primeira xuntanza que mantivemos aquí en Madrid o pasado 11 de abril revisaron o proxecto, din que cumpre con todos os preceptos legais e que se lle vai dar tramitación. Din que é un proxecto que ven desde hai moito tempo e que non se pode demorar máis a súa tramitación”. Fuente Parga insistiu no ministerio “en que o trazado ven ao centro do pobo, onde hai un grande malestar porque pasa moi preto das casas, e foi taxante en decir que non hai posibilidade de variar o trazado. O único que se pode facer é o que se nos dixo na primeira xuntanza, que é minimizar o impacto do gasoducto nas fincas afectadas. Un posible cambio de trazado obrigaría a unha nova tramitación e ocasionaría un importante retraso no tempo. Ademáis non garantiría que se puidera facer técnicamente pegado á A-8, a autovía do Cantábrico”.
O alcalde de Barreiros dixo que “hoxe mesmo chamarei aos representantes da plataforma veciñal cos que teño contacto e lles trasladarei todo esto e despois haberá que ver qué outras medidas se poden tomar. Das palabras de Sergio López se desprende que non se produciu ningún cambio de trazado ata o de agora en España en ningún punto motivado pola presión veciñal, pero decía que a lexislación está aí para interpretala e que calquera medida que se puidera tomar que se adoptase. Eles seguirán coa tramitación, e nada máis”.






















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



