Fai tempo dende o PSdeG PSOE de Burela vimos denunciando que sobran dedicacións exclusivas no Concello. Como as administracións locais co tema da crise teñen menos ingresos autonómicos e estatais, e tamén menos importe económico nas subvencións, o primeiro que deberían facer e dar exemplo e restar dedicacións e soldos. Sen embargo, en Burela optouse por todo o contrario. Lembrar que neste momento hai tres dedicacións exclusivas: a do alcalde, a da concelleira de servizos sociais e a do concelleiro de obras. É decir, á conta de todos os burelaos, atoparon a complexa ecuación da felicidade.
Esta última, a do concelleiro de obras, chócanos moito pois dende fai un ano que gobernan nunca nos deron unha alegría de que se conseguira algunha inversión importante para o concello, algunha xestión positiva para o noso desenvolvemento, ou algunha iniciativa útil que xustificara a rémora que supón para o presuposto en detrimento doutros recortes que non se recatan en levalos a cabo . E nos preguntámonos, se nun ano perdido para o pobo no que todo se resumeu no fácil recurso de “a situación é a que é”, que se contradice totalmente coa función que teñen que desempeñar por ser elexidos para gobernar, para que lle pagamos unha dedicación a un concelleiro?, ou a dous?, ou a tres? ¡¡Como se sobrasen os cartos!! Pero isto non queda aí. Día a día este concelleiro nos demostra o seu entusiasmo, axilidade no traballo e saber facer as cousas. Nomeemos un exemplo: o día 20 fixo un mes que apareceu roto un dos xogos do parque de Rosalía de Castro. Creemos que non fai falla dicir que é o parque mais visitado de Burela e co bo tempo que está a facer goza de moito mais persoal do habitual. Como actuou este concelleiro para subsanar o problema?: inutilizouno. Pero non de todo, pois os nenos seguen a usalo chegando a ser perigoso e incumprindo todalas normas básicas de mantemento e inspección de parques infantís. E así leva un mes. E para iso , con esa capacidade de xestión que o caracteriza, lle estamos pagando un bó soldo. Está claro que o seu posto de traballo foi o premio do sorteo millonario das tres dedicacións, pois danos claros exemplos todolos días do seu absentismo e inutilidade. Haber se con estas verbas conseguimos levantalo do asento para algo máis que desempeñar o papel de falso xestor con mano dura que desempeña no Concello.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



