Aniversario, o día 10 de Xuño celebraremos o noso primeiro aniversario con tódolos nosos socios; reunirémonos a partires das 5 da tarde no local social. Disfrutaremos dunha merenda e de algunha que outra sorpresa,agardámoste. Romeria do San Antonio da Regueira, o mércores día 13 saída ás 10.00 horas do local social. Misa as 13.00 horas. Posteriormente xantaremos nas inmediacións da igrexa. Prezo comida: 3 euros. Poderán acompañarnos no xantar todos aqueles que o desexen aínda que non participarán da peregrinación. Por favor rogamos confirmación da asistencia antes do día 10. Recomendamos levar calzado e roupa cómodos. Para voltar ata Trasbar disporemos de coches. Esta actividade vai dirixida tanto ós socios como a todos aqueles que nos queiran acompañar ese día.

























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



