O COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO E O GRUPO TUMBA E DÁLLE PRESENTAN O I FESTIVAL AO SON DO MASMA.
O festival celebrarase o sábado 16 de xuño durante todo o día nunha finca á beira do Río Masma, na parroquia de Celeiro de Mariñaos.
Barreiros, 29 de Maio de 2012. O vindeiro 16 de Xuño terá lugar en Barreiros, na parroquia de Celeiro de Mariñaos, a primeira edición do Festival Ao Son do Masma. Un festival nacido das iniciativas do Colectivo Cultural Ollomao e do grupo local Tumba e Dálle, que xuntaron esforzos para crear un espazo para a música folk e tradicional na comarca de A Mariña. Desde a organización, a Presidenta do Colectivo Cultural Ollomao, Tamara Rubiños Varela; explica que “ a música folk e tradicional ten moita afección na nosa comarca e, porén, non existe un espazo no que se dean encontro as persoas afeccionadas a esta música e os numerosos músicos e músicas que hai ao longo de toda A Mariña”.
Un dos compoñentes do grupo de recente creación Tumba e Dálle, Xoán Manuel Díaz Branco, afirma que “cando nos animamos a formar Tumba e Dálle partíamos da necesidade de crear espazos de difusión e puntos de encontro para a música do País e feita no País. Daí a necesidade de que a costa de Lugo contase tamén cun espazo e un festival referente. Neste sentido, Ao Son do Masma nace con vocación de continuidade e de converterse nunha cita referencial.”
Con esta motivación, a organización tratou de facer un programa de actividades completo e con entretemento durante toda a xornada que resulte atractivo e que contribúa a que o 16 de Xuño o barrio do Barral, en Celeiro de Mariñaos, sexa un fervedoiro de xente, actividades e cultura.
Neste sentido, a xornada comezará coa apertura de numerosos postos de artesanía do máis diverso (instrumentos musicais, alimentación, complementos, etc) que encherán de vida e cores a beira do Masma. Tamén pola mañá se ten previsto realizar un roteiro, ao son do Masma, para pór en valor este recurso do concello de Barreiros que tan importante economicamente ten sido no seu momento e en torno ao cal o Colectivo Cultural Ollomao centra a actividade deste ano 2012 co fin de reivindicar os recursos naturais e económicos de Barreiros.
Na hora do xantar, a organización contará con racións e bebidas a módicos prezos para que as persoas asistentes poidan disfrutar de toda a actividade sen necesidade de saír da propia finca na que se terán lugar as actividades.
No mediodía comezarán as actuacións musicais a cargo do Grupo Arandela de O Incio, que animará toda a xornada, e a continuación terán lugar obradoiros de baile, instrumentos musicais, artesanía, etc. Tamén se celebrará o I Aberto de Billarda do Masma. Para estas actividades, os organizadores contán coa colaboración doutras asociacións do concello como O Arco da Vella ou O Varal, “tecendo lazos de colaboración e traballo conxunto entre asociacións para optimizar os recursos e lograr que, ademais, esta sexa unha xornada de convivencia do mundo asociativo barreirense”, explica Tamara Rubiños Varela.
Xa á noite, despois do día cargado de actividades, chegará o prato forte do Festival: os concertos. Nunha aposta polos grupos noveis, como o anfitrión Tumba e Dálle, acompañados de grupos de renome no panorama musical galego; actuarán a maiores dos mariñáns Tumba e Dálle, Os Modernos, Tanto Nos Ten e Quempallou.
“Nesta primeira edición quixemos contar coa presenza de Quempallou, un grupo xa consolidado na música galega, que vén de editar o seu cuarto disco e que pon o culme a unha xornada de convivencia e festa que agardamos que sexa a primeira de moitas”, asegura Xoán Manuel Díaz Branco.
A organización do festival contará tamén cunha zona de acampada habilitada para que as persoas que o desexen poidan pasar a noite e disfrutar do I Ao Son do Masma sen preocupacións.
Desde as asociacións organizadoras amósanse moi ilusionadas con esta actividade e animan a asistir durante todo o día para poder tomar parte de todas as actividades programadas.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



