Na tarde do mércores 30 de maio, tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura laurentina o acto de entrega de Diplomas e agasallos aos nenos seleccionados na fase local do certame de narración e debuxo “Letras Galegas 2012”, que xiraba en torno á temática da SUPERSTICIÓN.
No mencionado acto, que contou coa presenza do Alcalde, Vidal Martínez-Sierra e a Concelleira de Cultura, Guadalupe Flórez, así como dalgúns membros do xurado, como a Traballadora Social do Concello, Mª José Veiga; os nenos e nenas premiados, tiveron a oportunidade de dar lectura aos traballos gañadores, así como ver expostos na Sala de Exposicións os debuxos que resultaron escollidos.
Dende a Concellería de Cultura trasladóuselles a noraboa e desexóuselles sorte, xa que estes traballos seleccionados na fase local do certame, están agora sendo valorados na fase provincial, da cal aínda non se fixeron públicos os gañadores.
CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO
“LETRAS GALEGAS 2012” – A SUPERSTICIÓN
– Convocatoria local: Biblioteca de Lourenzá –
LISTADO DE GAÑADORES
* NARRACIÓN :
| Categoría A
(ata 8 anos) |
Categoría B
(de 9 a 11 anos) |
Categoría C
(de 12 a 16 anos) |
| Antía Lillo Irimia | Javier Álvarez Méndez | Codés Lillo Irimia |
| Mencía Martínez-Sierra Franganillo | Celia Reino Reigosa | Fátima Reino Reigosa |
| Elena Lodos Uz | Ana Baña García | ——————- |
* DEBUXO :
| Categoría A
(ata 8 anos) |
Categoría B
(de 9 a 11 anos) |
Categoría C
(de 12 a 16 anos) |
| María Sánchez Villalba | Zaira Braña Irimia | Fátima Reino Reigosa |
| Laura Recalde | Celia Reino Reigosa | Ilyass Khaled |
| Roberto Varela Barreira | Manuel Santamarina Portela | Eugenio Pérez Goás |























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



