O VINDEIRO VENRES REMATA O PERÍODO DE EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PXOM DE RIBADEO. FERNANDO SUÁREZ DEFINIU O DOCUMENTO COMA MODERNO E ADAPTADO AOS TEMPOS E REFERÍUSE AOS CAMBIOS QUE SE ESTÁN A PRODUCIR NAS ALEGACIÓNS SOBRE SOLOS DE NÚCLEOS RURAIS DAS PARROQUIAS.
Ribadeo, 4 de xuño de 2012. O venres, 8 de xuño, remata o período de exposición pública do PXOM de Ribadeo. O alcalde, Fernando Suárez, define o documento coma moderno e adaptado aos tempos “despois dunha chea de pedras no camiño”. O rexedor referíuse hoxe aos cambios que se están a producir mas alegacións sobre solos de núcleos rurais das parroquias.
Fernando Suárez dixo que “estamos na recta final do período de exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal e consecuentemente do prazo de presentación de alegacións. O 8 de xuño remate este prazo. Durante este tempo foise facendo unha exposición pública por parte do Concello de Ribadeo modélica, onde todos os veciños e propietarios que o desexaron viñeron e poden vir ver o documento e si o desexan poden ter unha atención personalizada por parte do arquitecto municipal para que lles explique o significado e o alcance que supón este PXOM”.
O alcalde ribadense sinalou que “entre todos os grupos da Corporación encaramos con ánimo e con visión constructiva a necesidade de ter un PXOM moderno e adaptado aos tempos despois dunha chea de anos de problemas, de discusións, e de pedras no camiño. Durante todo este tempo de exposición pública neste mes e medio pasado xa, puiden ver e falar con moitos veciños e veciñas que se foron achegando á oficina de turismo vella, e podo dicir que había xente que saía conforme co documento, había outra xente que saía conforme coa explicación dada polo técnico municipal e había outra tanta que saía con intención de alegar ou de suxerir cambios a través das alegacións”.
Suárez Barcia referíuse “ao cambio que está a supoñer con respecto á exposición pública de 2008 no que ten que ver cos solos de núcleos rurais das parroquias. Si hai catro anos case por unanimidade todo o mundo que facía alegacións de xeito reflexivo ou non, sempre ou casi sempre, pedía a ampliación do núcleo rural para poder construir, segregar, vender ou colmar a súa expectativa futura. E agora catro anos despois con esta situación actual económica que temos, que planea por enriba de todos nós, vemos cómo iso xa non é así”. O rexedor contou que “hai moita xente que sabendo que non ten pensado construir ou que ten as explotacións agrícolas metidas en solo de núcleo rural piden que, no caso de que se poida, se exclúan parte das súas propiedades do núcleo rural para que queden en solo rústico de protección agrícola, sabedores como son de que despois da aprobación definitiva do PXOM virá de xeito obrigatorio unha revisión automática do catastro de urbana, onde os solos que son urbanos han pagar como tal”. Fernando Suárez subliñou que “con isto non quero condicionar o sentido das alegacións nin moito menos, incluso para o Concello canto máis solo urbano haxa máis recadará en concepto de contribución urbana, pero o certo é que se non van construir a curto ou medio prazo quizáis deberan miralo con detemento por si teñen posibilidade de excluilos no núcleo rural”.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



