O CONCELLO PORÁ EN MARCHA O PROXECTO TOMANDO DAS RENDAS PARA FOMENTAR O AUTOEMPREGO E O EMPRENDEMENTO ENTRE AS MULLERES. A PRIMEIRA DAS XORNADAS TERÁ LUGAR O VINDEIRO 6 DE XULLO. AS INTERESADAS XA PODEN ANOTARSE.
Ribadeo, 5 de xuño de 2012. O Concello de Ribadeo, a través das Concellarías de Desenvolvemento Local, Mocidade e Novas Tecnoloxías e o Centro de Información ás Mulleres, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), porán en marcha o proxecto Tomando as rendas, co que se pretende fomentar o autoemprego e o emprendemento entre as mulleres.
O proxecto constará de 3 fases: unha primeira que será unha xornada de sensibilización e captación, outra de formación en novas tecnoloxías e xestión de empresa e unha terceira fase de elaboración do plan de empresa.
A través deste proxecto as participantes disporán dos servizos de:
-Formación específica sobre o emprendemento e plan de empresa.
-Titorización e acompañamento permanente sobre o plan de empresa .
-Formación presencial en capacitación dixital a través da posta en marcha dun itinerario dixital adaptado ás necesidades das participantes.
-Posibilidade de participar nunha rede social.
En definitiva, quérese con esta formación que as usuarias participantes estean preparadas para afrontar os retos que supón a elaboración dun Plan de empresa e a xestión do seu negocio , así como reflexionar e aprender como madurar as ideas de negocio.
A primeira xornada levárase a cabo o 6 de xullo e terá lugar no Telecentro a través de videocolaboración. En total poderán participar ata 10 mulleres con motivación para emprender.Esta primeira sesión será unha xornada informativa sobre o proxecto.
Aquelas mulleres que desexen participar poderán apuntarse na Área de Desenvolvemento Local: 982 128 650 ou adl@ribadeo.org, no Telecentro de Ribadeo: 982 120 732 ou telecentro@ribadeo.org e no CIM: 982 120 732 ou cim@ribadeo.org






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



