A premisa é “unha Administración, unha competencia, un servizo”, asevera
FEIJÓO ANUNCIA UN PROTOCOLO DE COLABORACIÓN “PERMANENTE” ENTRE A XUNTA E AS CATRO DEPUTACIÓNS PARA “ELIMINAR DUPLICIDADES, FORTALECER A XESTIÓN CONXUNTA E OPTIMIZAR A PRESTACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS” AOS CIDADÁNS
O protocolo ten un propósito compartido “ter administracións máis sostibles, máis útiles, máis eficientes, menos caras e buscar conxuntamente a maior calidade de vida dos galegos, que son os que financian as deputacións e a Xunta de Galicia”, afirma
Trabállase cunha filosofía “clara”, un ámbito de actuación “amplo pero definido” e un propósito “compartido por todos”
O documento constitúese nunha “folla de ruta” que será o punto de partida para “posteriormente aplicada en todos os eidos posibles” porque os cidadáns “están pedindo estruturas máis sinxelas, máis operativas e eliminar duplicidades e gastos innecesarios”
Abre a vía de colaboración “con todos os eidos de xestión posible nos que hai unha colisión de competencias, directa ou indirectamente, entre as deputacións e a Xunta de Galicia”: en materia de servizos sociais, de investimentos, de equipamentos culturais, en materia deportiva e turística, en materia de contornas urbanas e de infraestruturas hidráulicas, de emerxencias ou de actividades formativas e de emprego
Santiago, 14 de xuño de 2012.- O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o Consello da Xunta de hoxe presentou un protocolo de “colaboración permanente” entre a Xunta e as catro deputacións provinciais co obxectivo de “eliminar duplicidades, fortalecer a xestión conxunta e optimizar a prestación dos servizos públicos” aos cidadáns. “Con este triplo obxectivo xa temos remitido o texto ás catro deputacións, desde hai tempo, e nos próximos días asinaremos o convenio, o documento marco, a guía de colaboración permanente entre as catro deputacións e a Xunta de Galicia”, aseverou ao respecto.
Segundo explicou Feijóo na rolda de prensa tras o Consello, trátase dunha “estratexia global para definir conxuntamente a estratexia global de Galicia: investimentos conxuntos, coa suma de capacidades dos distintos niveis dos distintos gobernos que conflúen no territorio de Galicia; é dicir –incidiu-, concretar esforzos cunha premisa: unha Administración, unha competencia, un servizo”. Ademais, o protocolo de colaboración terá un“propósito compartido: ter administracións máis sostibles, máis útiles, máis eficientes, menos caras e buscar conxuntamente a maior calidade de vida dos galegos, que son os que financian as deputacións e son os que financian a Xunta de Galicia”, afirmou.
Filosofía “clara”, ámbito de actuación “amplo pero definido” e propósito “compartido”
O mandatario galego incidiu en que o documento presentado hoxe ten unha filosofía “clara”, un ámbito de actuación “amplo pero definido” e un propósito “compartido por todos”.
“Unha filosofía clara –dixo-, a de sumar esforzos para ser máis eficientes e ofrecerlles, en consecuencia, aos cidadáns que nos financian, unha carteira de servizos máis completa e unha carteira de servizos máis eficiente”. O documento constitúese así nunha “folla de ruta” que será o punto de partida “para posteriormente aplicala en todos os eidos posibles” porque os cidadáns, lembrou Feijóo, “están pedindo estruturas máis sinxelas, estruturas máis operativas e eliminar duplicidades e os gastos innecesarios”. E entendemos, abondou, “que é posible facer máis con menos, tamén na Administración local, é posible evitar duplicidades, é posible garantir a calidade dos servizos públicos e neste momento, por primeira vez na historia de Galicia, haberá unha guía entre as deputacións e a Xunta de Galicia para compartir e para traballar conxuntamente servizos públicos de ambas”.
Respecto ao ámbito de actuación, o presidente da Xunta sinalou que é “amplo” porque abre a vía de colaboración “con todos os eidos de xestión posible nos que hai unha colisión de competencias, directamente ou indirectamente, entre as deputacións e a Xunta de Galicia”. A tal efecto, este documento marco pretende abrir unha axenda conxunta entre a Xunta e deputacións en materia de servizos sociais, de investimentos, de equipamentos culturais, unha axenda conxunta en materia deportiva e en materia turística, en materia de contornas urbanas e de infraestruturas hidráulicas, en materia de emerxencias e en materia de actividades formativas e de emprego.
O presidente galego lembrou, por último, que coa presentación desta guía de relacións permanente entre as catro deputacións e a Xunta de Galicia o Executivo autonómico dá un paso máis no seu obxectivo de lograr unha maior cooperación coa Administración local.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



