GONZÁLEZ BARCIA CUALIFICOU DE CRÍTICAS INFANTÍS AS VERTIDAS DESDE A OPOSICIÓN SOBRE O DISCURRIR DOS PLENOS NO CONCELLO. O REXEDOR SUBLIÑA QUE FALAN DO QUE QUEREN DURANTE O TEMPO QUE QUEREN, PERO ADVIRTE QUE NON PERMITIRÁ INSULTOS.
Burela, 15 de xuño de 2012. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, cualificou de críticas infantís as vertidas hai uns días desde a oposición sobre o discurrir dos plenos no Concello. O rexedor subliña que PSOE e Grupo Mixto falan do que queren durante un tempo ilimitado e así seguirá a suceder, pero advirte que non permitirá ningún tipo de insulto. Barcia tamén aludiu ás dietas que percibe polas viaxes que realiza.
Para o alcalde burelés “a inoperancia dos grupos políticos que forman a oposición no Concello de Burela queda demostrada ante esas críticas infantís que fan sobre o último pleno celebrado hai tres semanas. Resulta chocante que estes grupos falen desa sesión tanto tempo despois, eso da unha imaxe bastante clara de que estas persoas non saben nin cómo se deletrea a palabra traballo”.
González Barcia lembrou que “cando eu era portavoz da oposición se me ten cortado a palabra nos plenos en dúas ou tres ocasións, teño escoitado ata insultos como por exemplo impresentable, o alcalde ata me chamou maleducado. E eu creo que a catadura desta persoa está clara cando se mezclan cousas políticas con asuntos do ámbito persoal. Quero que se sepa claramente que nunca lles cortei a palabra a estes señores, nin na miña etapa anterior nin tampouco agora”.
E engadiu que “sendo eu portavoz da oposición a min decíaseme que me tiña que centrar no punto que estabamos a tratar e os dous portavoces dos grupos da oposición agora falan do que non ven a conto en calquera momento e non se lles corta a palabra, teñen tempo ilimitado para intervir. Non sei que é o que queren, porque encima se lles contesta ás preguntas, outra cousa distinta é que lles gusten ou non lles gusten as respostas que oen, porque ao mellor quererían oír outras cousas, pero as respotas son as que son”. O alcalde de Burela é moi claro “desde logo eles non van decidir por min as respostas que teño que darlles ás preguntas que formulan, aquelas preguntas que son obxectivas se responden con datos obxectivos e aquelas que teñen respostas abertas e eu decido a que dou, e se non están de acordo poden presentar outras ao pleno seguinte. Ese é un trámite complementante legal e normal dentro da vida dun concello. Tamén é certa unha cousa, no turno de rogos e preguntas non hai debate”.
Desprazamentos e dietas
José María González Barcia tamén se referiu ás dietas que percibe polas viaxes que realiza. O alcalde considera que “como a xestión do bipartito burelés era cero, moito non viaxaban”. E subliñou que “cando eu estiven en Madrid en Fitur representado a Burela, o Concello non pagou nada de hotel, porque me aloxei na casa dun familiar e non pasei ningunha factura de hotel. Cando fun a Madrid a falar coa ministra de Fomento, cousa que eles non fixeron nunca, ao Concello de Burela saíulle a viaxe casi gratis porque só pagou o desprazamento desde Burela ata Lugo e a comida e a cea dese día. O resto da kilometraxe de Lugo a Madrid e de Madrid a Lugo non se lle pasou ao Concello porque fun con outros compañeiros e hai que ser hornados e honestos”. Para José María González Barcia “en tema de dietas estes señores teñen moi pouco que decir, non vai ser o demo que eles no seu momento pasaran algunha dieta doble. Neste tema, igual que en calqueroutro, a nós non nos dan ningún tipo de exemplo”.
O rexedor manifestou que como alcalde seguirá a levar os plenos como ata o de agora, “eles intervirán o tempo que estimen oportuno, falarán do que lles dea a gana, veña ou non a conto, e eu non lles vou cortar, pero tampouco lles vou admitir que intenten insultarnos. Eu, de momento, non insultei a ninguén e eles a min sí na etapa anterior. Cando eu estaba na oposición e comentaba algo cos meus compañeiros enseguida me pedían que calara a boca, agora resulta que eles comentan o que queren e ninguén lles di nada, co cal que non veñan decindo que non teñen liberdade nos plenos ou que se levan dun xeito intolerante, porque non é certo. Eles falan do que queren durante o tempo que queren, falan entre eles e ninguén lles di nada”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



