BURELA .- Supeditar o futuro polígono industrial de Burela ao trazado do vial Barreiros San Cibrao, esperar a aprobar o plan xera de ordenación, condicionantes para a zona e O Perdouro e condicionantes pra a zona de A Puida son cuestións que plantexou o alcalde de Burela, Alfredo Llano, ao interesarse o grupo municipal do PP polo futuro industrial da vila, según afirma o PP. Os populares aseguran que “o alcalde supedita o parque empresarial ó PXOM e ó trazado do corredor. O PP asegura sospeitar que Llano “fará o que lle manden, pero nada para axudar a saír da crise”.
Nota de Prensa
COMITÉ LOCAL-GRUPO MUNICIPAL
BURELA
NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR
O GMPP, máis preocupado polo parque empresarial despois do pleno.
O alcalde supedita o parque empresarial ó PXOM e ó trazado do corredor.
O PP sospeita que o alcalde “fará o que lle manden”, pero nada para axudar a salir da crise.
O GMPP manifestou hoxe a través dunha nota de prensa que saleu do pleno do pasado xoves máis preocupado do que entrou en relación coa construcción en Burela dun parque empresarial. E esto é debido á ausencia dun compromiso claro por parte do alcalde, que evitou en todo momento dar prazos. O PP preguntou na sesión plenaria polo traballo que se está facer para a construcción dun parque empresarial en Burela.
O único que dixo o alcalde foi que quería acabar o Perdouro, pero non aclarou como, cuestión esta non menor, dadas as características da propiedade na zona e dos prezos que se poden manexar, e ademais que é unha superficie que só pode liberar entre cincuenta e sesenta mil metros cadrados reais, claramente insuficientes para o que precisa Burela. E tampouco dixo cando. Eso mesmo quería facer o PP, pero sendo conscientes de que eso non chega para a expansión económica de Burela, e menos en época de crise.
Segundo os populares, debería de ser precisamente agora, en época de crise, cando se puxeran en marcha proxectos importantes para Burela, pero este alcalde caracterízase por non facer nada, nin tan siquera para axudar a sair da crise económica que estamos a vivir.
Para os populares, en canto á construcción do parque empresarial programado por SUPLUSA, órgano dependente da Deputación na zona de A Puida, quedou demostrado que o alcalde móvese segundo o paso que lle marcan desde fóra do concello. Por dous motivos, dixo que había que esperar polo PXOM, tal e como dixera Lara Méndez a semana anterior, esquecendo que xa hai en marcha unha modificación de normas subsidiariais para construir o parque empresarial, modificación que se pode sacar adiante técnica e políticamente, pero con traballo e ganas. E tamén dixo que había que agardar por ver o trazado do corredor Barreiros-San Cibrao, o que nos fai ser máis pesimistas se cabe, xa que creíamos que estaba claro que o corredor iría polo sur do concello e se así non fose non se aceptaría.
Polo tanto, os populares sospeitamos que estamos ante unha operación de estética, porque nos poden meter o corredor por onde o pleno dixo no seu día que non pasase, e por onde non quere a Asociación de Veciños e moitos empresarios, pero que mui probablemente nos van colar un trazado que impida a futura construcción do parque empresarial da Puida, co que Burela se queda sen parque empresarial.
E todo esto coa posible connivencia do alcalde, que miraría para outro lado, e que demostraría así o nulo peso político que tén no seu partido, xa que nos intentarían vender posibles actuacións en Burela, a cambio de que achántasemos con unha situación que de producirse en nada beneficia ó noso concello.
Polo tanto, o PP, que alerta deta posible situación pola súa transcendencia, tamén estará vixiante en todos e cada un dos movimentos que se dean para evitar por todos os medios que Burela e os seus veciños e veciñas saian perxudicados.
En Burela, a catro de Agosto de dous mil oito.
O Grupo Municipal do PP.

















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



